A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 27
de setembro de 2012 ás 20h. diante do Museo de Arte Comteporánea (MARCO) .
A Rede vai estar unha vez máis na rúa denunciando os maltratos e os
asasinatos de mulleres. Mulleres novas, mulleres de calquera idade. Este ano
non é diferente, é peor, estamos cada día máis preocupadas pola indiferencia da
mayoría da cidadanía que cada día lle da a espalda a esta sin razón, a este
problema social que non ve a luz.
Precísase o compromiso de todas e todos, para que avanzemos e rexeitemos
estes comportamentos violentos que tanta dor producen a tantas persoas,
especialmente ás mulleres e ós fillos e fillas que o padecen.
Dende a Rede pedímosvos que nos acompañedes neste acto de denuncia, xoves
día 27.
As victimas merecen, cando menos a denuncia pública.