Na publicación de hoxe do DOGA atopámonos os servizos mínimos que se establecen para o Xulgado de Violencia sobre a Muller:
Xulgados exclusivos
de violencia sobre a muller.
– 1 xestor, 1 tramitador e 1 auxilio.
Xustificación. Fundaméntase na necesidade de atender,
entre outras, as seguintes cuestións: actuacións nas que venza un prazo
preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de
dereitos aos cidadáns, adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes
en materia de familia ou de violencia sobre a muller, ou causas con detido na
materia.
Respecto da xustificación da concreta dotación
de efectivos, ao igual que se motivou respecto dos xulgados do penal ou dos de
vixilancia penitenciaria, nos que a dotación de servizos mínimos tamén é
coincidente, e toda vez que estes xulgados especializados da orde penal
garanten bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento xurídico, o
número de efectivos fixados nestes xulgados apártase da regra xeral no tocante
aos funcionarios do corpo de xestión e tramitación, establecendo a necesidade
dun funcionario de cada un destes corpos. No tocante aos funcionarios de
auxilio xudicial, establécese un funcionario como servizo mínimo, toda vez que
non existe máis dun xulgado deste tipo na mesma localidade.
Dende a Asociación Rede de Mulleres creemos que os servizos mínimos establecidos para este Xulgado son insuficientes, o que producirán un retraso en todas a causas abertas e nas novas, isto é moi perxudicial para as mulleres xa que se dilataría o procedemento xudicial que, xa de por sí é longo, afectando negativamente no seu estado de ánimo, o que provocará que moitas mulleres non sigan adiante co proceso e así poder iniciar a súa recuperación integral. Creemos que non se está tendo en conta as necesidades das mulleres que sofren a violencia de xénero.