Detido un home que contactaba con menores por internet para conseguir videos eróticos deles

Un home de 35 anos se facía pasar por unha rapaza nas redes sociais para contactar con adolescentes e conseguir deles videos eróticos, tras gañar a súa confianza intentaba quedar en persoa con eles para abusar sexualmente deles. http://galego.farodevigo.es/sucesos: detido por pedir videos eroticos a menores

O TSXG ratifica a condea de 21 anos polo asasinato dunha muller en Ferrol

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia  ratificou a sentenza da Audiencia de A Coruña pola que se condeaba a 21 anos de cárcere ao home que asasinou cun coitelo a unha muller que traballaba coma camarera en Ferrol. www.farodevigo.es/sucesos/2017: 21 anos por asasinato

Condenado en Santiago por agredir a unha nena

Cinco anos de prisión, unha orde de afastamento e 4.000€ de indemnización por un delito continuado de abusos sexuais a unha neda de 8 anos coa que convivía.

www.farodevigo.es/sucesos: condenado por abusos sexuais

Retirado do informe dos detectivos no xuízo contra a "Manada"

O letrado de tres dos acusados retirou o informe feito por uns detectives sobre a vida privada da vítima nos días posteriores á agresión e que fora engadido na causa polo tribunal.
Ese informe nunca debeu presentarse nin nunca debeu ser aceptado xa que nada tiña que probrar, a vida posterior e anterior á violación non poder ser enxuizada.
www.farodevigo.es/sucesos: xuízo á manada

Mulleres en Acción "Violencia Zero"


En Negro Contra as Violencias Machistas

http://ennegrocontraasviolencias.gal/

Manifestación Unitaria 25N día internacional contra a violencia de xénero



A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir!


Imagem inline 4

IMOS FACER RUIDO CONTRA AS AGRESIÓNS

Convidámoste a que o xoves, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na farola de Urzaiz-Vigo  saias a rúa connosco nunha ACCIÓN para reivindicar que estamos fartas de agresións! Que estando xuntas a manada somos nós!
Que estamos fartas de que sendo as agredidas se nos cuestione e criminalice!
Que non imos ficar caladas fronte a unha xustiza patriarcal e a uns medios e sociedade cómplices da violencia machista!
Que queremos mudar este entorno machista e que precisamos feminismo para vivir!
Contamos contigo para facer moito, moito ruído. Trae batukada,  panderetas, cacerolas e todo o que se che ocorra para facernos oír. Todas xuntas imos facer que se nos escoite!
Non faltes! E axúdanos a difundir para ser cantas máis mellor! Unha aperta feminista!


A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir !!

Condeado por enviar mensaxes a súa exparella a pesar de ter unha orde de protección

En Vigo, un home foi condeado a 6 meses de cárcere por quebrantamento da orde de protección ao enviarlle mensaxes por whatsapp a súa exparella. Non propios mensaxes recoñecía que estaba a cometer un delito pero iso pouco lle importou a hora de incumplir a prohibición de comunicación.
www.farodevigo.es/sucesos: condeado por quebrantamento de orde

Condeado a 14 anos nun psiquiátrico por asasinar a súa muller tirándoa pola fiestra

O vigués que asasinou a súa muller en 2015 tirándoa pola fiestra da vivenda familiar foi absolto do delito de homicidio por se lle aplicar a eximente de alteración psíquica. Foi condeado a ingresar 14 anos nun centro psiquiátrico, o home alegara que matou a súa muller por que pensaba que lle estaba a envenenar para quedar cos seus cartos. Terá que pagar unha indemnización de 90.000€ ao fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesos: asasinou a súa muller tirandoa pola ventá

Un home asasina á súa filla de dous anos en Alzira.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/11/12/hombre-asesina-hija-anos-e/1784677.html

Este domingo pola tarde na localidade valenciana de Alzira, un home degolou á súa filla de dous anos mentres a nai da pequena estaba fora  traballando. O detonante puido ser unha discusión na que ela lle anunciou a súa intención de pedir o divorcio e denuncialo por malos tratos.
No que vai de ano, nove crianzas foron asasinadas polos seus pais ou polas parellas ou ex parellas das súas nais como forma de vinganza cara a estas.  Nove exemplos de  violencia vicaria, unha forma  de seguir maltratando ás mulleres a través das crianzas. Unha violencia que pretende facer o maior dano posible e que permanece, pese a todo ,invisible. É a cifra máis alta de menores vítimas de violencia de xénero desde que se rexistran estes crimes.
Desde a Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo vimos denunciando  fai tempo que no noso país a violencia contra a infancia permanece como unha realidade oculta. Non existen datos oficiais sobre cantos menores conviven coa violencia machista, desgraciadamente só percibimos esta lacra cando son asasinados e pasan a incrementar as estatísticas oficiais do ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. España carece dunha abordaxe integral de loita contra todas as formas de violencia contra a infancia, o que resta eficacia ás distintas medidas tomadas de forma illada.

Un maltratador nunca pode ser un bo pai. 

Concentración Outubro 2017


Agradecémoslle a actriz e mestra da ESAD de Galicia, Mariana Carballal a súa colaboración e todas as persoas pola súa asistencia a concentración que levamos a cabo todos os últimos xoves de mes.







Nula aplicación do protocolo para evaluar de forma urxente o risco dunha vítima de violencia machista

Pese a utilidade do Protocolo médico-forense de valoración urxente do risco de violencia de xénero só se aplica no 1% das solicitudes de protección.O excaso coñecemento da existencia deste protocolo, a falta de formación en violencia machista dos operadores xurídicos ou a falta de medios persoais xustificarían a excasa implementación deste protocolo; unha ferramenta que podería ser moi útil para as xuízas  e xuíces tendo información máis profunda e establecer as medidas cautelares para protexer ás posibles nais e as súas crianzas. Esta é unha mostra máis da indefensión constante das mulleres que sofren violencia machista
www.eldiario.esprotocolo-violencia-machista

Protocolo médico-forense de valoración urxente do risco de violencia de xénero

XORNADAS: REFLEXIONANDO SOBRE O AMOR ROMÁNTICO E A VIOLENCIA DE XÉNERO

XORNADAS
REFLEXIONANDO SOBRE O AMOR ROMÁNTICO E A VIOLENCIA DE XÉNERO


MARTES 14 DE NOVEMBRO
EDIFICIO MUNICIPAL DO AREAL RÚA OPORTO, 1  (ANTIGO REITORADO DE VIGO)

HORARIO DE 09.45 A 19.00

INSCRICIÓNS:

- NOS TELÉFONOS 986 22 23 28  //  670 453 431

- NO CORREO ELECTRÓNICO: redemediadorasvigo@hotmail.com - indicando o teu nome completo, DNI, teléfono, correo electrónico, idade e indicando por orde de preferencia ó obradoiro no cal queres participar.

- Na Oficina da Rede, rúa oliva nº 12. Oficina Municipal de Distrito Casco Vello.




Concentración contra a violencia de xénero




A xuízo por agredir a súa exparella , a un dos seus fillos e a un amigo.

Un veciño de Pazos de Borbén será enxuizado por atacar a súa exparella, a un dos seus fillos máis un amigo, ademáis de ocasionar danos en dous coches propiedade dela. Por todo isto, só se pide 9 meses de prisión e unha multa. http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/10/06/vecino-pazos-borben-juicio-agredir/1762317.html


Apoio a Juana Rivas, "Un maltratador non é un bo pai"

A Asociación Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, súmase xunto coa Marcha Mundial das Mulleres e a Plataforma Feminista Galega as vindeiras manifestacións que terán lugar en Galicia.

Sobre o caso de Juana Rivas

A nosa compañeira Lola Santana, asesora xurídica da Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo, critica nun artigo publicado este luns no Faro de Vigo (páx. 16) os defectos na aplicación da lexislación en violencia de xénero e a lentitude burocrática no caso de Juana Rivas.
No mesmo artigo, desde un despacho de avogados da nosa cidade, opinan que a lei xa prevé mecanismos máis que suficientes para actuar en casos de violencia de xénero e de protección ó menor así como que o feito de ser un maltratador non inhabilita a un señor para coidar dos seus fillos. 
Desgraciadamente, os datos mostran unha realidade ben distinta: estes mecanismos non serviron para salvar as vidas das 27 crianzas asasinadas polos seus pais desde 2013, primeiro ano no que se inclúe aos menores mortos como vítimas de violencia de xénero. Aínda que é certo que o xuíz pode suspender o réxime de visitas ou retirar a patria potestade ó acusado de violencia de xénero, son raras as ocasións nas que se fai. 
Con respecto á capacidade dun agresor para exercer coma pai, non nos cansaremos de repetir: un maltratador non pode ser un bo pai. Dar por feito que o vínculo paternal garante a protección do menor é querer mirar para outro lado. O contacto paterno-filial só se xustifica polo ben superior do menor, non polo ben ou o dereito do proxenitor, ante a dúbida debe prevalecer o interese do menor por enriba de todo. Se non se coñece o ciclo da violencia e como afecta á convivencia dos menores cos maltratadores, é difícil determinar dito interese.
Así están as cousas para as mulleres en España. Porque non nos enganemos, o machismo atópase no centro mesmo desta cuestión, toda a loita deste pai pola custodia das crianzas é coa única intención de seguir facendo dano e sometendo á muller a través da violencia vicaria. Cando a existencia de violencia de xénero non é tomada en conta para conceder custodia ou visita ao proxenitor, a Xustiza deixa nunha situación de indefensión tanto ás mulleres coma ós menores.

A Rede critica a lentitude burocrática


Os "Juan e Juana Rivas" de Vigo


http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/09/03/juan-juana-rivas-vigo/1743529.html

Deficiencias nos xulgados de violencia de Vigo

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/09/01/pelea-evidencia-necesidad-salas-espera/1742367.html

Este non é un caso illado xa que non é a primeira vez que se rexistran feitos similares. Dende a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos levamos anos denunciando este tipo de carencias dos Xulgados de Violencia. Non existe un lugar específico para os acompañantes das vítimas, polo que as liortas entre eles son habituais.
Por outra banda, no caso de que o agresor non estea detido, tanto el como a vítima poden coincidir na entrada do propio xulgado, ascensores e outros espazos comúns fora das salas. Sirva coma exemplo o tema dos baños: o único baño que hai na planta está pechado xa que é de uso exclusivo para os funcionarios; isto supón que moitas veces as mulleres teñen que ir á planta baixa correndo o risco de atoparse co seu agresor ou cos seus acompañantes, e de ser ameazadas ou intimidadas ata o punto de decidir non entrar a testificar.
Agardamos que estas deficiencias se teñan en conta para a distribución dos espazos no interior da futura sede xudicial que se situará no antigo hospital Xeral. Consideramos de vital importancia que o novo deseño cubra as carencias do actual, destinando a planta baixa para os casos de violencia de xénero e habilitando zonas ben diferenciadas nas que non poidan coincidir agresor e vítima

Onte Juana Rivas entregou aos seus fillos cumplindo a orde do xulgado

Entregou aos seus fillos na Garda Civil onde foron recollidos polo pai para marchar o máis cedo posible a Italia. A Fiscalía cambiou de idea e xa non vai a pedir que Juana ingrese en prisión.  Ainda así, a psicóloga e a asesora xurídica desta nai terán que declarar como investigadas ao considerar, supostamente, que induciron a Juana a secostrar as súas crianzas. Ata finais de outubro non haberá xuízo pola custodia en Italia.
www.farodevigo.es: Juana Rivas acata a orde de egfsntrega dos seus fillos

Detido en Valencia por violar a súa fillastra de 12 anos.

Un home foi arrestado en Valencia por abusar sexualmente da filla da súa muller dende que tiña nove anos. A rapaza aproveitou unhas vacacións en España para alertar ao resto dos seus familiares.
www.farodevigo.esarrestado en Valencia por violación

24 anos de cárcere para o acusado do asasinato en López de Neira

A fiscal pide 24 anos de cárcere para o autor do asasinato  machista ocurrido en López de Neira no 2015; lle aplica os agravantes de ensañamento e alevosía e pide unha indemnización de 300.000€ para o fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesosfiscal pide 24 anos de cárcere

A INDEFENSIÓN DAS MULLERES ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO



Ela mesma recoñece que empregou unha navalla de 5 cm. e que o lesionou, sabe o que fixo pero nunca tivo intención de asasinalo. Como di a propia sentenza, Noemí chamou de inmediato á familia da ex parella e foi avisado o servizo de urxencias. Non o volveu a atacar nin lle impediu que saíra da casa.
O que debemos plantexarnos toda a sociedade e as institucións é: que levou a esta muller a facelo? Sería o maltrato sufrido durante toda a súa vida? A relación tóxica á que ningún dos dous puido poñerlle fin? E, sobre todo, podería terse evitado esta situación?
Seguimos a sufrir un dobre baremo: no caso de Noemí, a súa ex parella é culpable dun delito de lesións sobre a muller polo que se lle condenou a sete meses de cárcere que non cumprirá , ela en cambio foi condenada a tres anos e medio de cárcere por un delito de lesións con instrumento perigoso, algo totalmente desproporcionado se temos en conta o pouco que lle custa aos maltratadores atacar a unha muller, quebrantar unha orde de afastamento ou acabar coa súa vida ou coa das súas crianzas.
Noemí non só foi vítima de violencia de xénero, senón que agora está tamén a sufrir a violencia institucional. É vítima dunha xustiza inxusta, como é posible que dez anos despois dos feitos teña que entrar no cárcere? Dez anos nos que conseguiu saír desa relación destrutiva, recompoñer a súa vida cun traballo estable e quedar totalmente reintegrada na sociedade. De que serve agora que cumpra catro anos de cárcere? Aínda que cometeu un delito, o noso sistema non busca vinganza senón rehabilitar ás persoas e Noemí xa está totalmente rehabilitada.
 Isto non é unha xustiza efectiva nin para a vítima nin para o culpable. Mesmo a sentenza recoñece unha dilación indebida e inxustificable neste proceso, que traerá consigo ca vida desta muller nunca volva a ser normal e todo o traballo terapéutico levado a cabo durante estes anos quedará en nada, como afirman os informes dos seus psiquiatras.
Na Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo coñecemos de primeira man  as dificultades que soportou, levamos anos apoiándoa e por iso reclamamos o Indulto e a suspensión da pena de Noemí, é un castigo desproporcionado tras dez anos de xuízo. Convocaremos a vindeira semana unha rolda de prensa para denunciar esta senrazón.


INDULTO E PARALIZACIÓN DA ORDE DE INGRESO EN PRISIÓN DE NOEMÍ OTERO

NEGLIXENCIAS QUE SAEN CARAS

O xoves pasado, Sara, unha nena de 4 anos de Valladolid, falecía vítima de abusos sexuais e dunha vida de maltrato continuado. Se a noticia por se mesma produce horror e repugnancia, a consternación é máxima ó saber que se puido evitar se non fallasen tódolos protocolos debido á incompetencia das administracións.

O 11 de xullo, case un mes antes, un pediatra privado xa dera a voz de alarma sobre a existencia de posible maltrato e abusos sexuais. 22 días despois, o 2 de agosto, a vítima ingresou nas urxencias pediátricas do Hospital Clínico de Valladolid en parada cardiorrespiratoria, onde morrería ó día seguinte. Por que non funcionaron os protocolos? Quizais ante unha situación tan grave non se pode agardar días e días para actuar, a vida dunha nena estaba en perigo! Como podía unha nena de catro anos defenderse ela soa da súa propia nai e da súa parella?



Presuntamente a nai e a súa parella son autores dun delito de maltrato continuado e de abusos sexuais, pero hai máis culpables, acaso as Administracións Públicas non tiñan a obriga de protexer a esa nena actuando dunha maneira máis eficaz? A gravidade dos feitos non pode quedar impune, debemos esixir responsabilidades polo que se pode considerar unha neglixencia por parte das institucións, o sucedido evidencia que o sistema foi incapaz de protexela.

Detido por unha agresión sexual a unha rapaza en Lugo

Un rapaz de 24 anos foi detido en Lugo por agredir sexualmente a unha rapaza; foron tres mulleres as que o escorrentaron e axudaron á muller.www.farodevigo.es/sucesosdetido por agredir a unha rapaza en Lugo

Condeado por abusar das súas fillas e distribuilas fotos

A Audiencia de Lugo condea a 33 anos de cárcere ao home que abusou sexualmente das súas dúas fillas e distribuiu as fotos por Internet. En 2003 este pederastra xa fora condeado por tenencia de pornografía infantil. galego.farodevigo.es/sucesos: condeado a 33 anos por abusos

Unha parella agrede a unha muller que contrataran coma ventre de aluguer


Unha parella foi detida, en Valencia, por agredir sexualmente a unha rapaza de orixe rumana que contrataran coma ventre de aluguer. galego.farodevigo.es/sucesos

JUANA ESTÁ NA MIÑA CASA

En 2009, Juana Rivas denunciou o seu marido por violencia de xénero e este foi condenado a tres meses de prisión (que non tivo que cumplir) e a un ano de afastamento de Juana. Malia que posteriormente retomaron a relación e tiveron un segundo fillo, tras vivir illada e case en condicións de escravitude ó sur de Cerdeña, decidiu de novo poñer fin á relación, polo que abandona Italia cos seus fillos co consentimento do pai e regresa a España. Xa en Granada, volve a denuncialo en xullo de 2016 confiando en que o Estado e a Xustiza os ampare e protexa; nada máis lonxe da realidade: o Xulgado desoíu a denuncia alegando que é algo que debe remitirse á xustiza italiana.

O pasado martes 25 de xullo, Juana abandonou a súa casa e atópase dende entón en paradero descoñecido xunto ás súas crianzas despois de que María del Carmen Siles Ortega, xuíza titular do Xulgado de 1ª Instancia número 3 de Familia de Granada tomara a decisión de entregarlle ós menores de 3 e 11 anos ó pai maltratador. Non se está tendo en conta que o Estatuto da vítima recoñece ás crianzas como vítimas de violencia nin se está aplicando a lei con perspectiva de xénero, xa que non se ten en conta a denuncia interposta por Juana no ano 2009 nin se comprende que os homes violentos atoparon o modo de continuar exercendo o maltrato a través da violencia vicaria, que a súa loita non está motivada por amor aos seus fillos senón que se trata simplemente dunha loita de poder, porque o maltratador non vai deixar marchar algo que considera da súa posesión así tan facilmente, porque para él é un xogo no que só pode haber un gañador.

Desgraciadamente, o de Juana non é un caso illado. De nada valen as advertencias das expertas que afirman que un maltratador non pode ser un bo pai, nin a prevalenza do interés superior do menor. O Estado, que debería garantir o benestar das nais e das crianzas, convértese moitas veces no seu verdugo, castigando ás nais basándose en prexuízos de xénero que mostran ás mulleres como manipuladoras que provocan nos seus fillos o tan socorrido Síndrome de Alienación Parental (SAP).



Patricia, filla dunha vítima de violencia de xénero: "Cando lle deron a miña custodia a el, acabouse a miña infancia"

http://www.europapress.es/epsocial/infancia/noticia-patricia-madre-sufrio-maltrato-cuando-le-quitaron-custodia-acabo-infancia-20160705143504.html

Matan e prenden lume a unha muller en Sevilla

http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/07/28/matan-prenden-fuego-mujer-sevilla/1724000.html

O xulgado recibe o informe definitivo da autopsia do caso de Ana Enjamio


http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/07/28/juzgado-recibe-informe-definitivo-autopsia/1723997.html

Mediaba unha orde de afastamento cara a nai

Audiencia de Pontevedra ten en conta a declaración da filla menor de 14 anos que sofre unha gran hostilidade contra o seu pai para reducirlle o réxime de visitas a dúas horas á semana.
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/07/09/fallo-merece-segunda-oportunidad/1713446.html

Detido o "tolo do chándal" por intentar asesinar a dúas irmás

Intentou acabar coa vida de dúas irmás sexaxenarias, as cales, organizaron protestas en 2013 para impedir que este home volvera á vila. O violador fora condeado a 169 anos de cárcere por agredir cun arma branca a 16 mulleres e acabar coa vida dunha delas pero grazas a derogación da doutrina Parot tan só cumpliu 16 anos. http://galego.lavozdegalicia.es:o tolo do chandal intenta matar a dúas irmás

Dous novos episodios de violencia machista o pasado fin de semana en Sevilla e en Salou.

O pasado sábado en Sevilla, unha nai foi asasinada e a súa filla ferida, tras recibir varias puñaladas cun arma branca durante unha discusión coa parella da primeira, que posteriormente deuse á fuga.

Un día despois, o domingo, o corpo dunha muller foi atopado no interior dun turismo en Salou despois de que a súa parella  acudira á comisaría a confesar os feitos tras cometer o crime.

Con estes dous novos casos, son xa 31 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que levamos de ano.

http://www.elconfidencial.com/ultima-hora-en-vivo/2017-06-25/31-mujeres-asesinadas-por-crimen-machista-en-espana-en-lo-que-va-de-ano_1252563/



A segregación horizontal: cando os roles de xénero determinan a elección dos estudos.


As estatísticas sobre o destino do alumnado que finaliza a escolarización obrigatoria mostran que un bo número de mozas e mozos aínda elixe a súa futura carreira condicionado polos estereotipos de xénero, que consideran que mulleres e homes teñen diferente desempeño dependendo dos distintos ámbitos de estudo. Así,mentres algunhas áreas, coma a enxeñería e as ciencias son percibidas coma masculinas, outras, coma as relacionadas coas linguas ou co coidado e a atención ós demais, se consideran femininas e apropiadas para as mulleres. Este sesgo sexista pode determinar as motivacións académicas de mozas e mozos e explicaría a segregación vocacional existente na elección de estudos e carreiras profesionais.

Un estudo da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) pon de manifesto que moitas mozas se consideran menos competentes que os seus compañeiros masculinos en materias vinculadas ós ámbitos científicos e tecnolóxicos a pesar de obter as mesmas ou incluso mellores cualificacións ca eles.

Tendo en conta que son precisamente estas carreiras profesionais as mellor valoradas e retribuidas, resulta evidente a necesidade de facer fronte á segregación horizontal e ó desequilibrio de xénero na elección de disciplinas académicas de homes e mulleres, poñendo en marcha xa dende a escola primaria e secundaria iniciativas que promovan a ruptura cos roles tradicionais de xénero, desterrando falsas crenzas e animando ás mozas a explorar espazos tradicionalmente reservados ós homes.





A policía volve deter ao "violador do ascensor" por catro agresións

http://politica.elpais.com/politica/2017/06/15/actualidad/1497517065_441941.html
Este pasado mércores, a policía detiña en Segovia a Pedro Luís Gallego, máis coñecido como o violador do ascensor, imputándoselle dúas agresións sexuais consumadas e outras dúas en grao de tentativa.

A liberación de Gallego grazas á derrogación da doutrina Parot e tralo informe favorable da fiscalía, xerou gran inquietude social xa que con dous asasinatos e 18 agresións sexuais ás súas costas o risco de que a inserción social fracasase era moi alto, como se acabou demostrando.

O do violador do ascensor non é o primeiro caso de excarcelado pola derrogación da doutrina Parot que volve a reincidir: en 2014 foi arrestado en Galicia Félix Vidal Anido, o violador do estilete, por un delito de agresión sexual en grao de tentativa e en outubro do mesmo ano, Pablo García Ribado, coñecido como o violador do portal, foi arrestado por abusos sexuais en Guadalajara.


En Granada unha muller foi asasinada pola súa parella

En Granada, unha muller foi asasinada pola súa parella; disparouna en presencia do fillo da vítima. O home entregouse despois a Garda Civil, non había denuncias previas por malos tratos.
galego.farodevigo.es/sucesos: asasinato machista en Granada

Xornadas: "Sororidade e resposta activa". Analizando a situación actual en violencia de xénero.


  
“SORORIDADE E RESPOSTA ACTIVA.
Analizando a situación actual en violencia de xénero

Ante as novas formas de violencia temos que artellar novos xeitos de resposta dende os feminismos. Esas respostas deben saír do traballo grupal que fomente a sororidade entre as mulleres e entre os colectivos.

Nestas xornadas analizaremos o empobrecemento das mulleres que están inmersas en procesos de violencia pola falta de dereitos implementados, e cómo afecta a falta de prevención e formación á súa protección fronte á violencia de xénero. Tamén analizaremos a situación das crianzas, tanto no ámbito familiar como ante a acollida nas institucións, máis concretamente nos xulgados.

Xoves 22 de xuño 2017 no Edificio Municipal de Areal (Antigo Rectorado de Vigo).
10,00: Inauguración do Encontro.
10,30h: Ponencia: Estrela Gómez Viñas, Coordinadora de AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores).
“Sesgo por xénero e idade na xustiza”
11,30h: Debate
12,00h: Ponencia: Marta Rodríguez Engroba, Presidenta da asociación “Sí, hai saída”.
“Eivas e propostas na intervención con mulleres en procesos de violencia”
13,00h: Debate
13,30h: Xantar
15,45h: Distribución nos obradoiros.
16,00h: Obradoiros

Obradoiro 1.
Tareixa Ledo Regal (Facilitadora de Terapia de Reencontro)
Eu escollo o bo trato para a miña vida!
O bo trato parte do desexo de vivir en paz, en harmonía e equilibrio. Axuda a ser máis felices e xenera saúde e goce. Neste obradoiro miraremos como introducir a práctica consciente do bo trato nas nosas vidas para bentratarnos a nós mesmas e para construír benestar e coidado nas nosas relacións de a diario...

Obradoiro 2.
Andrea Arís Couso e Xandra Táboas Martínez (Formadoras en xénero e artes escénicas)
“Laboratorio creativo feminista”
Crear un espazo experimental colectivo no que a través de diferentes prácticas artísticas (escritura, imaxe, son, corpo...) poidamos construir novos relatos. Partiremos do autobiográfico, do cotidiano, das propias experiencia para camiñar cara o colectivo, xerando novos saberes e subxectividades feministas dende a creatividade como ferramenta para a transformación social.

Obradoiro 3.
Pilar Lorenzo Represas
(Educadora para a saúde a través das emocións positivas)
"Teu corpo , o camiño a quen realmente eres"
Aprendizaxe a través de exercicio e movemento consciente, suave e global; o que moviliza todas as funcións naturais do organismo para producir un efecto de sinerxía, natural, a partir de catro áreas: Sensorialidade: Autocoñecemento; Verticalidade: Harmonización da postura; Emotividade: Xestión das emocións; Vitalidade: Axuste enerxético.

18,30: Posta en común dos obradoiros

Consultade a folla de inscrición no noso blog en Actividades.






O neno achado en Oza-Cesuras morreu a golpes

http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/05/09/nino-hallado-oza-cesuras-murio/1675841.html

Esta barbarie non se poden consentir, temos que loitar para que as rapazas e rapaces teñan unhas leis que os amparen. Nos casos de custodias compartidas, ahora de establecer os réximes de visitas... as/os maxistrados teñen que escoitar as peticións das súas nais dende o principio.

Morre polas feridas que el mesmo se provocou tras atrincherarse na casa da súa exparella

 O home de Cangas que se antricherou na casa da súa exparella morre no hospital polas feridas que el mesmo se provocou coa escopeta que portaba. Contra el recaía unha orde de afastamento despois de ca semana anterior entrara no coche da súa exparella e a ameazara cun cúter.  www.lavozdegalicia.es: morre o home que se antrincherou na casa da súa exparella

XII Carreira Femenina

Este ano o fin social da XII Carreira Femenina organizada polo Corte Inglés realizarase en favor da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos de Vigo, participade no noso grupo "EN REDE", teremos que levar todas como distintivo unha diadema, cinta, pañuelo de cor violeta colocado na cabeza. Pasádevos pola Rede para recoller o triptico da inscrición ou no Corte Inglés, acordádevos de poñer o nome do grupo o que pertencedes, "EN REDE", queremos ser o máis numeroso!!!

Anotádevos e a disfrutar!!!!


Dobre crime en Arbo

A Fiscalía pide 46 anos de cácere ao veciño de Arbo que presuntamente asasinou a tiros a súa exparella e a o mozo desta.www.farodevigo.es/sucesos/2017/04/18/fiscalia-solicita-46-anos-carcel

Condeado a 19 anos de prisión

A Audiencia de Cantabria condeou  a 19 anos e 5 meses de prisión a un home por maltrato continuado a súa exparella que para escapar da última malleira, en presencia do seu fillo,  caeu polo edificio quedando tetrapléxica. O maltratador perdoeu a patria potestade do seu fillo e non poderá comunicarse con él en 20 anos.elpais.com:condeado a 19 anos de prisión por maltrato continuado

Oito detidos por darlle una malleira a unha muller

A vítima, de orixe marroquí, foi insultada e golpeada por un grupo de persoas que portaban paus e coitelos. galego.farodevigo.es: opito detidos por darlle unha malleira a unha muller

Condeado a dous anos por abusar da súa veciña con discapacidade.

Un home foi condeado a dous anos por obrigar a súa veciña con discapacidade a masturbalo. galego.farodevigo.es: condeado a dous anos por abusos

Asasinato dunha muller en Ferrol no ano 2016

O acusado de asasinar a unha muller con 64 coiteladas alega que bebera moito e non lembra o que fixo. A Fiscalía califica o crime como homicidio e pide 15 anos de condea e unha indemnización de 200.000 € para o fillo da vítima.galego.farodevigo.es/sucesos/2017/04/04/acusado-asestar-64-punaladas-camarera/1654378.html

25 anos polo asasinato da peregrina Denise

O Fiscal pide 25 anos de cárcere polo asasinato da peregrina Denise mentres ca acusación particular os eleva a 27. Hoxe o Xurado comezará a deliberargalego.farodevigo.es: fical pide 25 anos

Ingreso en prisión dun home que abusou sexualmente dunha muller colándose na súa casa en Murcia

Ingresa no cárcere polos delitos de agresión sexual, retención ilegal e danos contra unha muller que dormía na súa casa coa súa filla dun ano. A muller conseguiu fuxir grazas a un veciño; cando os corpos de seguridade chegaron á vivenda o agresosr estaba intentado queimar a casa.
galego.farodevigo.es:detido por colarse nunha vivenda e abusar dunha muller

O tribunal Supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo asasinato de Lupe Jiménez

Ratificouse a sentencia da Audiencia Provincial de Pontevedra  na que o xurado popular condeaba a 20 de anos de cárcere a un pontevedrés que asasinou a súa muller embarazada e nai de 6 fillos máis. Aplicouse o agravante de parentesco e o atenuante de confesión. Terá que pagar indemnizacións de entre 30.000 e 60.000€ aos fillos.galego.farodevigo.es: supremo ratifica a condea de 20 anos de cárcere polo feminicidio de Lupe

A Xunta duplicará as axudas ás vítimas de violencia machista

http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/03/17/xunta-duplicara-ayudas-victimas-violencia/1642670.html

Repulsa ó artigo de opinión do Faro de Vigo

Desde a Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, queremos secundar a protesta doutras asociación feministas e expresar a nosa repulsa polo artigo de Juan José R. Calaza “Contra el machismo: reivindicación del triángulo”, aparecido no diario Faro de Vigo o domingo 12 de marzo.
Neste artigo, o autor non só trata de desprestixiar e terxiversar as consignas do feminismo, un movemento que loita en prol da igualdade, senon que trivializa un tema tan grave como é a violencia de xénero.

Non entendemos cómo un medio de comunicación pode dedicarlle un espazo -case unha páxina enteira-, a este tipo de opinións e consideramos unha falta de respeto a publicación deste artigo.

http://www.farodevigo.es/opinion/2017/03/12/machismo-reivindicacion-triangulo/1639486.html

Formación en Violencia de Xénero 2017