“SORORIDADE E RESPOSTA ACTIVA.
Analizando a situación actual en violencia de xénero”
Ante
as novas formas de violencia temos que artellar novos xeitos de resposta dende
os feminismos. Esas respostas deben saír do traballo grupal que fomente a
sororidade entre as mulleres e entre os colectivos.
Nestas
xornadas analizaremos o empobrecemento das mulleres que están inmersas en
procesos de violencia pola falta de dereitos implementados, e cómo afecta a
falta de prevención e formación á súa protección fronte á violencia de xénero.
Tamén analizaremos a situación das crianzas, tanto no ámbito familiar como
ante a acollida nas institucións, máis concretamente nos xulgados.
Xoves 22 de xuño
2017 no Edificio Municipal de Areal (Antigo Rectorado de Vigo).
10,00: Inauguración
do Encontro.
10,30h:
Ponencia: Estrela Gómez Viñas, Coordinadora de AGAMME (Asociación Galega
contra o Maltrato a Menores).
“Sesgo por
xénero e idade na xustiza”
11,30h: Debate
12,00h:
Ponencia: Marta Rodríguez Engroba, Presidenta da asociación “Sí, hai saída”.
“Eivas e
propostas na intervención con mulleres en procesos de violencia”
13,00h: Debate
13,30h: Xantar
15,45h:
Distribución nos obradoiros.
16,00h:
Obradoiros
Obradoiro 1.
Tareixa Ledo
Regal (Facilitadora de Terapia de Reencontro)
Eu escollo o bo
trato para a miña vida!
O bo trato parte
do desexo de vivir en paz, en harmonía e equilibrio. Axuda a ser máis felices e
xenera saúde e goce. Neste obradoiro miraremos como introducir a práctica
consciente do bo trato nas nosas vidas para bentratarnos a nós mesmas e para
construír benestar e coidado nas nosas relacións de a diario...
Obradoiro 2.
Andrea Arís Couso
e Xandra Táboas Martínez (Formadoras en xénero e artes escénicas)
“Laboratorio
creativo feminista”
Crear un espazo
experimental colectivo no que a través de diferentes prácticas artísticas
(escritura, imaxe, son, corpo...) poidamos construir novos relatos. Partiremos
do autobiográfico, do cotidiano, das propias experiencia para camiñar cara o
colectivo, xerando novos saberes e subxectividades feministas dende a
creatividade como ferramenta para a transformación social.
Obradoiro 3.
Pilar Lorenzo
Represas
(Educadora para
a saúde a través das emocións positivas)
"Teu corpo
, o camiño a quen realmente eres"
Aprendizaxe a
través de exercicio e movemento consciente, suave e global; o que moviliza
todas as funcións naturais do organismo para producir un efecto de sinerxía,
natural, a partir de catro áreas: Sensorialidade: Autocoñecemento;
Verticalidade: Harmonización da postura; Emotividade: Xestión das emocións;
Vitalidade: Axuste enerxético.
18,30: Posta en
común dos obradoiros
Consultade a folla de inscrición no noso blog en Actividades.
Consultade a folla de inscrición no noso blog en Actividades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario