Un policía acusado de 'apoloxía da violencia de xénero' en Twitter, reléganno a tarefas administrativas, mentres investigan o caso

  • Era membro da Comisión para o seguimento da violencia de xénero
  • Mentres se abre o expediente queda relegado a tarefas administrativas
Non só son mensaxes "reprobables e repugnantes" seno que, incluso, poderían ser constitutivos de delito, por animar ao maltrato contra a muller. Un policía local do municipio onubense de Aljaraque terá que respostar este venres ante os seus superiores polas mensaxes difundidas a través das redes sociais –en concreto, en Twitter- nas que afirma, entre outras cousas, que as rosas que máis lle gusta regalar veñen en forma de látigo, ou que "o truco está en escoitalas como psicólogo e follártelas como se te estivesen pagando", afirmación que ven acompañada da imaxe dunha muller aá que agarran do cabelo.



http://www.elmundo.es/elmundo/2013/07/05/andalucia/1373016073.html

Comentario a unha nova que saiu en El Pais: "Rentería suspende os actos pola muller fallecida ate aclararse os motivos"

 
Se ben o inicio da redacción é correcta: "O concello de Rentería suspende o pleno extraordinario e a concentración convocados para esta tarde en protesta por unha suposta agresión de violencia machista a unha veciña desta localidade, ata que se aclaren as circunstancias da súa morte, xa que podería deberse "a causas naturais".
O que se escapa ao noso entendemento é por que se termina esta nova aludindo a: "A semana pasada, a Ertzaintza informou de que dúas denuncias por agresións sexuais en Bilbao e Zarautz eran falsas". 
 
A muller morta en Rentería non presentara denuncia previa, polo que non entendemos a relación para sinalar o tema das denuncias falsas. Este tipo de redacción é moi negativa para a loita contra a violencia de xénero. As denuncias falsas son mínimas neste tipo de causas (ao rededor de 1% e moito menores que noutro tipo de delitos, como os roubos). En cualqueira caso, non ten senso informar disto cando non ten nada que ver co caso.
É triste ver como os medios de comunicación non conseguen avanzar e solidarizarse cunha epidemia que mata entre 60 e 80 mulleres ao ano en España.

Enlace á nova:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/02/paisvasco/1372763248_001662.html

A exipcia Ragia Omran, premiada polo seu defensa dos Dereitos Humanos

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/04/actualidad/1372961121_929259.html