Obxecto
A
finalidade das axudas establecidas na Lei orgánica é proporcionar apoio
económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións
previstas na Lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza
xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Tipos de axudas
1.
Axudas dirixidas a mulleres vítimas de
violencia de xénero que residan na CA de Galicia e acrediten insuficiencia de
recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego -axuda
establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas
de protección integral contra a violencia de xénero-.
2.
Axudas de indemnización dirixidas ás
mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas
dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da
situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de
incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacer a
indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega
para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Requisitos:
Axudas
establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro de medidas
de protección integral contra a violencia de xénero:
a. Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de
violencia de xénero.
b. Non convivir co agresor.
c.
Estar empadroada e residir en calquera
dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres
estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d. Ter especiais dificultades para obter un emprego, que
se acreditará a través do informe do Servizo Público de Emprego.
e.
Carecer de rendas que, en cómputo
mensual, superen o 75% do SMI vixente,
excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Non
poderán ser beneficiarias as mulleres que, reunido estes requisitos, percibiran
esta axuda con anterioridade.
Axudas
de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo,
galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: Poderán ser beneficiarias destas indemnizacións
as mulleres vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan
económica e/ou asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero nas
cales concorran as seguintes circunstancias:
1.
Estar empadroada e ter residencia en
calquera dos concellos de de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén
será necesario ter permiso de residencia.
2.
Ter dereito á percepción dunha
indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de
xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou
tribunal con sede en Galicia.
3.
Que exista constatación xudicial do
incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do
obrigado ao pagamento.
4.
Que a persoa beneficiaria se atope nunha
situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da
indemnización xudicialmente recoñecida. Entenderase que se produce unha situación
de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia
a que pertenza a persoa beneficiaria divididos polo número de membros que a
compoñen, non superen o importe do IPREM vixente.
5.
Non convivir co agresor.
Contía:
·
Axudas
1.
Con carácter xeral, equivalente a seis
meses de subsidio por desemprego: 2.581,62 € (6x430,27€).
2.
Equivalente a 12 meses de subsidio por
desemprego (5.163,24 €):
a.
Cando a vítima tivese a cargo un
familiar ou menor acollido/a.
b.
Cando a vítima, sen responsabilidades
familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
3.
Equivalente a 18 meses de subsidio por
desemprego (7.744,86 €):
a.
Cando a vítima tivese ao seu cargo dous
ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor
acollido/a.
b.
Cando a vítima tivese ao seu cargo un
familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao
33 % ela ou a persoa dependente.
4.
Equivalente a 24 meses de subsidio por
desemprego (10.326,48 €):
a.
Cando a vítima tivese ao seu cargo dous
ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor
acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou algunha
das persoas dependentes.
b.
Cando a vítima de violencia de xénero
con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen
conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou
superior ao 65 %.
Estas
axudas serán compatibles con calquera das previstas na Lei 35/1995, do 11 de
decembro, de Axudas e Asistencia ás Vítimas de Delitos Violentos e contra a
Liberdade Sexual, así como con calquera outra axuda económica de carácter
autonómico ou local concedida pola situación de violencia de xénero.
·
Indemnización:
A
contía da indemnización que se aboará será a fixada pola resolución xudicial
correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de
insolvencia do obrigado a esta, cun máximo de 6.000 €, excluídos xuros de mora,
por cada persoa beneficiaria.
Responsabilidades familiares:
Existen responsabilidades familiares
cando a beneficiaria teña ao seu cargo polo menos a un familiar, por
consanguinidade ou afinidade ata o 2º grao inclusive, con quen conviva. (Organigrama de parentesco).
Non se considerarán a cargo os familiares con rendas superiores ao SMI, excluída
a parte proporcional das pagas extraordinarias.
As responsabilidades familiares deberán concorrer no momento da solicitude, excepto no suposto de fillas e fillos que sexan nados dentro dos trescentos días seguintes, que procederá revisar a contía da axuda percibida.
Entenderase que existe convivencia cando esta se encontre interrompida por motivos derivados da situación de violencia de xénero.
Non será necesaria a convivencia cando exista obriga de alimentos en virtude de convenio ou resolución xudicial e presumirase que existe, salvo proba en contrario, cando os familiares teñan a condición de beneficiarios no documento de asistencia sanitaria da Seguridade Social no documento que apareza expedido a nome da vítima.
As responsabilidades familiares deberán concorrer no momento da solicitude, excepto no suposto de fillas e fillos que sexan nados dentro dos trescentos días seguintes, que procederá revisar a contía da axuda percibida.
Entenderase que existe convivencia cando esta se encontre interrompida por motivos derivados da situación de violencia de xénero.
Non será necesaria a convivencia cando exista obriga de alimentos en virtude de convenio ou resolución xudicial e presumirase que existe, salvo proba en contrario, cando os familiares teñan a condición de beneficiarios no documento de asistencia sanitaria da Seguridade Social no documento que apareza expedido a nome da vítima.
Compatibilidade da axuda coa PNC:
Esta
axuda económica será compatible coa percepción das PNC de Invalidez e de
Xubilación da Seguridade Social, e non terá, en ningún caso, a consideración de
renda ou ingreso computable a efectos da percepción destas. (Disp. final 1ª do
RD 570/2011)
Documentación:
Axudas:
·
Documentación acreditativa da condición
de violencia de xénero:orde de protección a favor da vítima, cando esta estea
en vigor; coa sentenza condenatoria definitiva, ou definitiva e firme, que
conteña medidas de protección vixentes que acrediten a actualidade da situación
de violencia e, excepcionalmente, co informe do Ministerio Fiscal que indique a
existencia de indicios de que a denunciante é vítima de violencia de xénero,
mentres non se dite a orde de protección
·
Se a solicitante ten ao seu cargo polo
menos un familiar por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, achegará
a seguinte documentación:
a.
Copia cotexada do libro de familia ou
doutro documento que acredite os vínculos familiares da solicitante coas
persoas ao seu cargo.
b.
Se houbese convivencia cos familiares a
cargo presentarase fotocopia cotexada do documento de asistencia sanitaria da
Seguridade Social da vítima en que se recoñeza a condición de beneficiarios/as
dos/as familiares ao seu cargo, ou calquera outro documento que acredite a
convivencia (informe social, certificado de empadroamento conxunto...).
c.
De non existir convivencia, presentarase
fotocopia cotexada do convenio ou resolución xudicial en virtude dos cales
exista obriga de alimentos.
d.
Nos casos de menores acollidas/os a
cargo, achegarán copia cotexada da resolución administrativa/xudicial
acreditativa da dita situación nos supostos en que esta fose expedida por unha
Administración distinta á Xunta de Galicia.
·
Copia compulsada da certificación
acreditativa da discapacidade da solicitante e/ou das/os familiares a cargo ou
menores acollidas/os, non expedidos pola Xunta de Galicia.
·
Documentación que xustifique os ingresos
declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade
familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de
calquera tipo de prestación ou subsidio...).
Indemnización:
a. Testemuño da resolución xudicial firme, ou copia
compulsada desta, que recoñeza o dereito a unha indemnización por danos e
perdas froito dunha situación de violencia de xénero.
b. Testemuño da resolución xudicial, ou copia cotexada
desta, que recoñeza a insolvencia do debedor.
c.
Documentación que xustifique os ingresos
declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade
familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de
calquera tipo de prestación ou subsidio...).
d. De ser o caso, documentación que acredite a
composición da unidade familiar de convivencia.
e.
No caso de que a persoa solicitante sexa
un/unha menor de idade que dependa dunha muller que sufra violencia de xénero
ou unha persoa maior de idade que dependa económica e asistencialmente dunha
muller que sufra violencia de xénero, deberá acreditarse a dita dependencia
mediante copia compulsada do libro de familia e informe dos servizos sociais,
resolución xudicial de custodia ou calquera outro documento que acredite
suficientemente esta circunstancia.
Lugar de presentación:
·
Na sede electrónica da Xunta de
Galicia: https://sede.xunta.es
·
En calquera dos lugares e rexistros
establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación:
·
Ata o 30 de novembro de 2019 para o caso
das axudas.
·
Ata o 31 de outubro de 2019 para o caso
das indemnizacións.
Máis información:
http://www.mulleresengalicia.es | Tel.
981 95 76 99 | vx.igualdade@xunta.es