A REDE CONVOCA Á CONCENTRACIÓN O VINDEIRO XOVES 25 OUTUBRO ÁS 20,00 HORAS DIANTE DO MARCO


A Rede convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 25 de outubro de 2012 ás 20h. diante do Museo de Arte Comteporánea (MARCO) .
A Rede vai estar unha vez máis na rúa denunciando os maltratos e os asasinatos de mulleres. Mulleres novas, mulleres de calquera idade. Este ano non é diferente, é peor, estamos cada día máis preocupadas pola indiferencia da mayoría da cidadanía que cada día lle da a espalda a esta sin razón, a este problema social que non ve a luz.
Precísase o compromiso de todas e todos, para que avanzemos e rexeitemos estes comportamentos violentos que tanta dor producen a tantas persoas, especialmente ás mulleres e ós fillos e fillas que o padecen.
Dende a Rede pedímosvos que nos acompañedes neste acto de denuncia.
As victimas merecen, cando menos a denuncia pública.





UNHA VIGUESA RESCATA A SÚA FILLA, PECHADA POLO SEU MALTRATADOR

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/10/22/viguesa-rescata-hija-encerrada-maltratador/00031350919081275716300.htm

O ASASINO DE EL SALOBRAL SUCÍDASE TRAS O CERCO DA GUARDIA CIVIL

http://www.redfeminista.org/noticia.asp?id=7544