Ante este novo caso de violencia de xénero, queremos facer unha
reflexión acerca dos mecanismos e protocolos aplicados.
Parte desta tráxica historia é coñecida: Marina Okarynska tivo
unha relación de parella con Sergio M.G. e o pasado 6 de agosto desapareceu
xunto cunha amiga, tras ir buscar os seus obxectos personais que quedaran na
casa onde ambos conviviran. As familias das desaparecidas, segundo fontes
de El confidencial, denunciaron desde un primeiro momento que a desaparición
era contra a súa vontade, segundo apuntaban todas as circunstancias. Así, ese
mesmo xoves 6 agosto pola noite, ambas familias presentaron unha denuncia por
desaparición. O xuiz decretou o secreto de sumario despois de que o domingo
pola noite se cumplirán 72 horas sen novas das dúas amigas.
Como xa sabemos, Segio M.G. ingresou en prisión en 2008, tras ter
secuestrado a súa parella de entón.
Coñecidas estas informacións, cremos que non era necesario ter
esperado 72 horas para a activación do protocolo de persoas desaparecidas;
cando hai antecedentes de violencia de xénero, e dadas as circunstancias da
desaparición, debería poder aplicarse un protocolo máis rápido e axil, dada a
sospeita dun claro caso de violencia de xénero.
Desde a Rede de mulleres sabemos as dificultades coas que contan
moitas mulleres para rachar por completo unha relación e o perigo que ás veces
corren ao ir buscar os seus obxectos personais á casa do agresor. Como
sociedade, debemos reflexionar sobre qué tipo de mecanismos podemos poñer en
marcha para protexer ás mulleres que queren iniciar unha nova vida lonxe da
violencia de xénero. Hai que avaliar qué cousas podemos mellorar, cómo previr
este tipo de situacións e cómo podemos protexer a todas as mulleres que se
están separando das súas parellas violentas.