A Concellería de Igualdade lembra
que o martes, 12 de novembro ás 19,00 horas terá lugar a Charla Coloquio: "Enredámonos nas redes...?. As ciberviolencias e os
controis das redes sociais" no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura ( praza da
Princesa, 2)
O obxectivo xeral é previr entre a mocidade a violencia de xénero na utilización das redes sociais.
Esta actividade é complementaria aos obradoiros que a mesma relatora impartirá durante tres días no auditorio municipal en sesións escolares, dirixidas a alumnado de secundaria.
Para as sesión escolares xa temos confirmada a asistencia de máis de 1000 alumn@s de secundaria, se ben, a concellería de Igualdade valora convinte programar unha actividade coa mesma formadora, que, a través dunha charla coloquio, poida informar a todas as persoas interesadas sobre o mal uso que ás veces a mocidade pode facer das redes sociais.

·
Como empregan
as rapazas e os rapaces as redes sociais. Análise dos riscos aos que están
expostos.
·
Que significa ser acosada/acosado polas redes.
·
Como se manifesta a violencia sexista a través das redes.
Exemplos de ciberviolencias.
·
A utilización das novas tecnoloxías en igualdade como
medio para educar en igualdade.
·
Boas prácticas para o emprego dunha linguaxe axeitada que
favoreza unha boa comunicación, sen nos enredar...!
A relatora será IANIRE ESTÉBAÑEZ CASTAÑO,
psicóloga especialista en violencia de xénero na xuventude e autora do blog
"mi novio me controla... lo
normal".
Entrada libre ata completar aforo. Non se require
inscrición previa.