http://www.atlantico.net/articulo/vigo/galicia-detenido-vigo-joven-19-anos-presunto-autor-delito-violencia-genero/20140514172339418142.html
CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL
SESIÓNS MATINAIS OS
SÁBADOS ÁS 11,30H
A Concellería de Igualdade lembra que este sábado pola mañá
haberá unha nova sesión de cine. Proxectaremos ás 11,30h no Auditorio Municipal
"A CASA DA LUZ", producida por Vimbio filmes e dirixida por Carlos
Amil, baseada nunha novela do mesmo título de Xabier Docampo.
Como xa vimos informando,
durante os sábados de maio proxectamos un ciclo de cine infantil e
xuvenil onde os 5 filmes elixidos teñen en común que o papel protagonista o
interpreta unha rapaza, ou como no caso de "A casa da Luz", un grupo
equitativo de rapazas e rapaces.
A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h
RESUMO:
“A CASA DE LA LUZ” introdúcenos nunha aventura fundacional:
A panda de Alicia arríscase a penetrar en un mundo descoñecido e sorprendente
para atopar a un amigo perdido e descobren unha nova forma de ver a vida de seu
e a da que os rodean.
Con “A CASA DA LUZ” trátase daquela de entender os misterios
do mundo e voltar a casa con máis sabiduría, con máis compromiso porque na
viaxe aprendimos que eramos máis fortes do que pensabamos, que a amizade é más
indestructible do que supoñíamos e que a ansia de saber constitúe un grande
soporte para resolver as inxustizas e para facilitar a convivencia en paz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)