Denuncian por sexista un anuncio que pide unha "camareira de 30 anos, sen parella e cachondona"


http://www.vigoalminuto.com/2013/10/07/denuncian-por-sexista-un-anuncio-que-pide-una-camarera-de-30-anos-sin-pareja-y-cachondona/

Pola educación e a cultura, nos pobos," a violencia de xénero inténtase ocultar"

http://www.eldiario.es/andalucia/enclave_rural/Luchar-violencia-genero-pueblos_0_182331820.html

O PSOE propón que os maltratadores non poidan ver os seus fillos

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/justicia-y-derechos/violencia-genero-el-psoe-propone-que-los-maltratadores-no-puedan-ver-a-sus-hijos_G3QOpcUTiysbQMRSMZ5Ks7/

A muller é o sustento dos campamentos saharauís


http://www.publico.es/472646/la-mujer-es-el-sustento-de-los-campamentos-saharauis

Muller latinoamericana: igual ante a lei, ¿e ante o diñeiro?


http://internacional.elpais.com/internacional/2013/10/04/actualidad/1380915761_962175.html

Machismo no Exército


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/06/actualidad/1381083341_631758.html

Congreso Internacional de Xuventude: Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organizará os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Riveira (A Coruña), o Congreso Internacional de Xuventude, baixo o lema “Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento”, un espazo de encontro no que os mozos e mozas e as iniciativas e proxectos en materia de xuventude van ter todo o protagonismo que merecen.
Desde este momento e ata o venres día 18 de outubro, ábrese o prazo de inscrición para participar no Congreso Internacional de Xuventude: Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento, que se celebrará os vindeiros días 25 e 26 de outubro no Concello de Riveira (A Coruña).

A temática do Congreso incidirá na importancia da educación non formal para a adquisición de competencias, aptitudes e destrezas que favorecen, sen dúbida, as posibilidades de empregabilidade das persoas mozas.

Neste proxecto terán cabida as iniciativas ou experiencias dos concellos, dos mozos e mozas e das entidades que traballan no ámbito da xuventude, constituíndo un espazo que funcionará como escaparate para a mocidade, para as entidades xuvenís e para as persoas emprendedoras.

Alén das diversas conferencias, mesas redondas e relatorios programados, o congreso contará con moitas outras actividades no eido da creatividade, o emprego e a participación xuvenil. Haberá zona expositiva, paneis de experiencias, showrooms... así como actividades de ocio (actuacións musicais, teatro na rúa, exhibicións de cultura urbana, etc.)

O programa está aberto para que calquera iniciativa interesante que queirades dar a coñecer se inclúa no mesmo.

Animámosvos a participardes activamente neste congreso internacional, achegando información acerca do voso proxecto ou iniciativa para lle dar cabida no espazo que resulte máis adecuado en función das súas características.
Só precisades comunicalo a través do enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.es ou ben telefonicamente a través dos seguintes números: 981957057, 981544866 e 981545664.

Documental 'Cambia de Papel'

Hoxe, martes 8 de outubro ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental 'Cambia de Papel' no Auditorio Municipal de Vigo. O documental está escrito e dirixido por Luís Tosar, María Reimóndez e Kutti Revathi (cineasta támil), e versa sobre o traballo desenvolto por Implicadas e o seu parceiro local nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, nos que destaca a aplicación do enfoque feminista ou de xénero. A entrada ten un custo de 2€ que irán íntegramente destinados ao programas de cooperación que Implicadas ten na India. http://www.implicadas.com/?sec=7&id_evento=76&lang=gl