Documental 'Cambia de Papel'

Hoxe, martes 8 de outubro ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental 'Cambia de Papel' no Auditorio Municipal de Vigo. O documental está escrito e dirixido por Luís Tosar, María Reimóndez e Kutti Revathi (cineasta támil), e versa sobre o traballo desenvolto por Implicadas e o seu parceiro local nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, nos que destaca a aplicación do enfoque feminista ou de xénero. A entrada ten un custo de 2€ que irán íntegramente destinados ao programas de cooperación que Implicadas ten na India. http://www.implicadas.com/?sec=7&id_evento=76&lang=gl

No hay comentarios:

Publicar un comentario