As cifras, a falta do cómputo total do ano 2018, denotan unha lixera diminuición de chamadas ao 016 e do número de denuncias no 2018 respecto ao 2017; se ben é certo hai que observar os anos anteriores nos que as estatísticas mostran cifras moito máis baixas. Por exemplo no ano 2015 houbo 3956 denuncias nos tres primeiros trimestres fronte as 4763 do 2018 nese mesmo periodo de tempo.
Temos que ter en conta que una diminuición nestes datos non supón, en ningún caso, un menor número de casos de violencia; de feito hai un maior número de expedentes sobre violencia abertos en 2018 que no ano anterior. Durante a folga de xustiza xa se advertira que podería implicar que se presentaran menos denuncias.

Hai operadores xudiciais que non consideran que esta diminución sexa consecuencia da folga de Xustiza de 114 días xa que os xulgados de garda e de violencia sobre a muller seguiron operando se ben por servicios mínimos así como as oficinas de atención ás vítimas que permaneceron en folga dous meses.
https://www.lavozdegalicia.es/…/juzg…/0003_201902G6P2991.htm