A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para
os seguintes obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das
Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e aquelas que non
realizasen o curso con anterioridade.
Inscrición previa desde o día 30 de xaneiro e ata cubrir
prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a
13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00 h.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa
Romil, número 20 .
Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE
VIDA”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental,
emocional e social das mulleres a través da risa
Contidos:
- Sentido do
humor: aspectos psicofisiolóxicos.
- Qué me fai rír:
risa activa, risa pasiva
- Pensar en
positivo: as miñas emocións.
- Respiración
alegre: ximnasia da risa.
O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total,
distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.
Período e horarios:os luns desde o 16 de febreiro ata o 27
de abril, de 10:00 a 12:00 h.
Obradoiro: “DE MUSAS A ARTISTAS. A MULLER AO LONGO DA
HISTORIA DA ARTE”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: difundir e visibilizar a relación existente entre
as mulleres e a Arte a través dun percorrido histórico.
Contidos:
- O coñecemento
sobre a historia da Arte desde unha perspectiva de xénero.
- Os distintos
movementos artísticos e a situación das mulleres neles.
- A evolución dos
papeis das mulleres: as musas e as deusas, as primeiras pintoras, a arte
feminista, as comisarias, as historiadoras, etc.
O desenvolvemento do programa consta de 36 horas en total,
distribuídas en 12 sesións de 3 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os mércores desde o 25 de febreiro ata o
20 de maio, de 18:00h a 21:00 h.”