O anuncio da picota do Jerte, de novo, volve a empregar os peitos, as bocas das mulleres para vender.
Picoteando Films: Verdades como puños, presenta frases como
O tamaño sí importa, xunto a imaxes de mulleres ensinando peitos. Tamén a masculinidade aparece claramente estereotipada.
Debido as queixas polo seu contido sexista, retirouse o video da súa web.
Lembramos que a lei de publicidade
"prohíbe todo anuncio que atente contra a dignidade da persoa
ou vulnere os valores ou dereitos recoñecidos na Constitución,
especialmente no que se refire á infancia, a xuventude e á
muller".
Sen embargo, todos os días estamos vendo anuncios, vallas pubricitarias que usan imaxes de corpos de mulleres como reclamo para vender cereixas, coches, viaxes ao Caribe, e un longo etcétera; sen ter en conta que o feito de tratarnos como obxectos sexuais é degradante. Chegado este punto, só nos queda dicir que non queremos ser obxectos sexuais para vender mercancías, somos donas do noso corpo.
Este tipo de imaxes, ademáis de degradarnos a nós, é unha pésima educación para as novas xeracións.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/01/actualidad/1372694995_151110.html