A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir!
IMOS FACER RUIDO CONTRA AS AGRESIÓNS
Convidámoste
a que o xoves, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na farola de
Urzaiz-Vigo saias a rúa connosco nunha ACCIÓN para
reivindicar que estamos fartas de
agresións! Que estando xuntas a manada somos nós!
Que estamos fartas de que sendo as agredidas
se nos cuestione e criminalice!
Que non imos ficar caladas fronte a unha
xustiza patriarcal e a uns medios e sociedade cómplices da violencia machista!
Que queremos mudar este entorno machista e que
precisamos feminismo para vivir!
Contamos
contigo para facer moito, moito ruído. Trae
batukada, panderetas, cacerolas e todo o
que se che ocorra para facernos oír. Todas xuntas imos facer que se nos
escoite!
Non
faltes! E axúdanos a difundir para ser cantas máis mellor! Unha aperta
feminista!
A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir !!
Condeado por enviar mensaxes a súa exparella a pesar de ter unha orde de protección
En Vigo, un home foi condeado a 6 meses de cárcere por quebrantamento da orde de protección ao enviarlle mensaxes por whatsapp a súa exparella. Non propios mensaxes recoñecía que estaba a cometer un delito pero iso pouco lle importou a hora de incumplir a prohibición de comunicación.
www.farodevigo.es/sucesos: condeado por quebrantamento de orde
www.farodevigo.es/sucesos: condeado por quebrantamento de orde
Condeado a 14 anos nun psiquiátrico por asasinar a súa muller tirándoa pola fiestra
O vigués que asasinou a súa muller en 2015 tirándoa pola fiestra da vivenda familiar foi absolto do delito de homicidio por se lle aplicar a eximente de alteración psíquica. Foi condeado a ingresar 14 anos nun centro psiquiátrico, o home alegara que matou a súa muller por que pensaba que lle estaba a envenenar para quedar cos seus cartos. Terá que pagar unha indemnización de 90.000€ ao fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesos: asasinou a súa muller tirandoa pola ventá
Suscribirse a:
Entradas (Atom)