O pasado 5 de decembro o Tribunal Superior de Xustiza de Navarra dictaba a súa sentenza confirmando a condena da Audiencia Provincial aos cinco membros da "Manada"de 9 anos de prisión por un delito continuado de abusos sexuais. Diferénciase da sentenza anterior en que considera que non houbo consentimiento por parte da vítima pero non existe agresión sexual por non existir, según o parecer maioritario da sala, nin violencia nin intimidación, requisitos legais para a existencia dun delito de agresión sexual.
Proclama esta sentenza que hai unha liña moi fina entre o que se consiera prevalimiento ou situación de superioridade, e a intimidación. Considerar a existencia dun ou doutra, supón calificar os feitos como abuso ou agresión. Neste caso, os membros do tribunal, ao igual que os anteriores xuíces, entenden que a actuación programada de cinco homes de arriconar á vítima nun portal coa intención de viola-la non implica a suficiente gravidade para que esta muller se sentira intimidada nin cun gran temor pola súa vida.
Considerar a existencia ou non de intimidación depende de elementos subxectivos que non poden ser tasados pola lei, senón que ven sendo necesaria a intervención das persoas encargadas de impartir xustiza, dependendo esa valoración das súas perspectivas e empatía en moitos casos. Por ese motivo, dende a Rede de Mulleres seguimos reivindicando a indispensable necesidade de formación e concienciación en perspectiva de xénero de tódolos integrantes da sociedade, xulgando con perspectiva de xénero non se dubidaría ca vítima deste caso sufriu violación por parte de cinco homes, que ademáis de soportar vexacións inimaxinables o gravaron e lle roubaron o móbil para que non puidese pedir axuda.

A pesar do voto particular de dous maxistrados, que sí entenden que se cometou unha violación, atopámonos ante unha mostra máis do noso sistema de "in-xustiza", anclado nunha visión patriarcal que pouco axuda ás vítimas de violencias machistas e que supón para elas sofrir novas violencias e presións. Séguese, por tanto, facendo depender a existencia ou non destes delitos á reacción das súas vítimas e non dos actos cometidos polos seus culpables, que consideran ás mulleres un obxecto co que satisfacer seus implusos.
O Ministerio Fiscal vai recurrir dita sentenza ante o tribunal Supremo ao considerar a existencia de agresión sexual e pide o reingreso en prisión dos condeados ante o risco de fuga, deberemos agardar que este tribunal recoñeza a existencia de intimidación e valore o caso dende unha ollada baseada na igualdade, por que se non hai consentimento hai violación.