"MUJERES SIN HOMBRES"
CONVIDADA MINA SHAYAN
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola
Universidade Azad de Teherán e Estudante do Posgrao
de Estudos de Xénero da Universidade de Vigo.
«León de prata» á mellor
dirección en Venecia. As vidas de catro mulleres crúzanse durante os días do
golpe de estado de 1953 en Irán, e atopan refuxio no xardín dunha casa de
campo. Dese encontro, xorde unha historia de compañeirismo, consolo e amizade.
Neshat retrata o papel da muller na sociedade iraniana daquela época. Trátase
dunha adaptación da novela homónima da escritora iraniana Shahrnush Parsipur e
a película supón o debut na dirección cinematográfica da artista Shirin Neshat.