Unha muller pechada na súa casa e aillada
do exterior polo seu marido: un maltrato extremo, no que o seu maltratador
evita por todos os medios que a víctima poida pedir auxilio. O círculo da
violencia apóiase a miúdo no aillamento das mulleres do seu entorno. Temos que
seguir traballando na sensibilización social da violencia de xénero para que o
entorno das víctimas poida actuar e apoiar ás mulleres, e non chegar a esta
situación de maltrato extremo.