JUANA ESTÁ NA MIÑA CASA

En 2009, Juana Rivas denunciou o seu marido por violencia de xénero e este foi condenado a tres meses de prisión (que non tivo que cumplir) e a un ano de afastamento de Juana. Malia que posteriormente retomaron a relación e tiveron un segundo fillo, tras vivir illada e case en condicións de escravitude ó sur de Cerdeña, decidiu de novo poñer fin á relación, polo que abandona Italia cos seus fillos co consentimento do pai e regresa a España. Xa en Granada, volve a denuncialo en xullo de 2016 confiando en que o Estado e a Xustiza os ampare e protexa; nada máis lonxe da realidade: o Xulgado desoíu a denuncia alegando que é algo que debe remitirse á xustiza italiana.

O pasado martes 25 de xullo, Juana abandonou a súa casa e atópase dende entón en paradero descoñecido xunto ás súas crianzas despois de que María del Carmen Siles Ortega, xuíza titular do Xulgado de 1ª Instancia número 3 de Familia de Granada tomara a decisión de entregarlle ós menores de 3 e 11 anos ó pai maltratador. Non se está tendo en conta que o Estatuto da vítima recoñece ás crianzas como vítimas de violencia nin se está aplicando a lei con perspectiva de xénero, xa que non se ten en conta a denuncia interposta por Juana no ano 2009 nin se comprende que os homes violentos atoparon o modo de continuar exercendo o maltrato a través da violencia vicaria, que a súa loita non está motivada por amor aos seus fillos senón que se trata simplemente dunha loita de poder, porque o maltratador non vai deixar marchar algo que considera da súa posesión así tan facilmente, porque para él é un xogo no que só pode haber un gañador.

Desgraciadamente, o de Juana non é un caso illado. De nada valen as advertencias das expertas que afirman que un maltratador non pode ser un bo pai, nin a prevalenza do interés superior do menor. O Estado, que debería garantir o benestar das nais e das crianzas, convértese moitas veces no seu verdugo, castigando ás nais basándose en prexuízos de xénero que mostran ás mulleres como manipuladoras que provocan nos seus fillos o tan socorrido Síndrome de Alienación Parental (SAP).



Patricia, filla dunha vítima de violencia de xénero: "Cando lle deron a miña custodia a el, acabouse a miña infancia"

http://www.europapress.es/epsocial/infancia/noticia-patricia-madre-sufrio-maltrato-cuando-le-quitaron-custodia-acabo-infancia-20160705143504.html

Matan e prenden lume a unha muller en Sevilla

http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/07/28/matan-prenden-fuego-mujer-sevilla/1724000.html

O xulgado recibe o informe definitivo da autopsia do caso de Ana Enjamio


http://www.farodevigo.es/sucesos/2017/07/28/juzgado-recibe-informe-definitivo-autopsia/1723997.html