Artigo de Opinión Día Internacional Contra a Violencia de Xénero




25 DE NOVEMBRO – DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
ARTIGO DE OPINIÓN

Dende a Rede de Mulleres queremos facer unha reflexión ao redor deste 25 de novembro.

         O día internacional contra a violencia de xénero, non pode empregarse para mercantilizar máis ás mulleres, co fin de aparentar unirse á loita pola igualdade.

Neste 25 de novembro, non hai nada que celebrar xa que…
-       
                   Sufren violencia  institucional (Vitimización secundaria):
A atención ás mulleres en procesos de violencia depende da empatía e da profesionalidade máis que da calidade do servizo.

    As prestacións económicas son contías miserables insuficientes para poder empezar unha vida independente.

     As crianzas non son escoitadas, non hai suficientes servizos especializados para elas, as pensión de alimentos son insuficientes…son as grandes esquecidas e maltratadas polas institucións cando se lle adxudica o dereito a visitas ós agresores.

      O dereito á unha vivenda digna non existe, e as dificultades sociais para acceder a ela increméntanse nos procesos de violencia. A solución das institucións son casas de acollida, pero son moitas as mulleres que non queren ou non poden  ingresar nelas (mulleres en situación de drogodependencias, mulleres con fillos homes maiores de 18 anos, mulleres que conviven con animais...)

Por todos estos motivos, e os todos aqueles que non nomeamos, non temos nada que celebrar.

Reivindicamos o 25 de novembro como día internacional contra a violencia de xénero. Un día de loita, de visibilización das eivas, das dificultades coas que as mulleres nos atopamos no día a día, un día para coñecer a realidade que impide que moitas mulleres todavía non sexan capaces de romper cunha relación violenta.

Porque non só hai que elexir entre denunciar ou non denunciar…

Por todos estos motivos a Rede sigue loitando por un acompañamento ás mulleres con profesionalidade, pero tamén con perspectiva de xénero, horizontal, con empatía, un acompañamento cercano que realmente empodera ás mulleres na súa toma de decisións. Somos conscientes de que os dereitos sociais e económicos son a base material para poder comezar a recuperación psicosocial, pero a axuda mutua entre mulleres tamén é esencial para poder comezar o camiño.

Defendemos o dereito a vivir en paz.