CONCENTRACIÓN Lei do Aborto,Martes 14 Agosto 2012
A Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convídavos a participar nas
concentracións que estamos a facer todos os martes de agosto, a próxima o 14 de agosto, ás 20:30 diante do MARCO,
para visibilizar o noso total desacordo coas restriccións á actual Lei de Aborto anunciadas hai
poucos días polo ministro de xustiza, Gallardón.
As mulleres non descansaremos ata que os escasos logros que obtivemos nos últimos anos sexan
inamobibles e interiorizados polos gobernos presentes e futuros, como algo normalizado e
fundamental dunha sociedade democrática e igualitaria.
As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres constatamos con rabia que os discursos machistas,
hipócritas e cargados de noxento paternalismo, estanse a extender en todos os pobos, máis iso non é
para nosoutras causa de abafamento, máis ben ao contrario, levamos loitando máis de dez anos en
diferentes terras e en diferentes frentes, por iso unha vez máis na Galiza berramos:
¡¡¡MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)