Hoxe, videofórum: A condesa rebelde ás 18:00 horas
Hoxe, 18/06/2013: película sobre Emilia Pardo Bazán: A Condesa rebelde.
Coprodución de Zenit Televisión, SA, e Sempre Cinema produccións, coa
participación de Televisión de Galicia, Canal SUr, ETB, TVV e TVAM, que
contou co apoio da Axencia Galega das Industrias culturais, a
SXIgualdade e a Cons. de eduación da Xunta de Galicia, e o Instituto de
la Mujer
A violencia de xénero non ten idade. Esta semán pasada, de novo, mulleres asasinadas brutalmente por violencia de xénero
Esta última semán asistimos a novos casos de violencia de xénero.
O domingo unha anciá morre asasinada a coiteladas, presuntamente polo seu marido. O pasado xoves, unha rapaza de 22 anos é asasinada, presuntamente, pola súa ex parella, coa que tiña un fillo. Ese memos xoves, atopan o corpo descuartizado dunha muller de 42 anos nun conxelador, trala confesión do seu marido.
Aquí tedes os enlaces cos casos das mulleres asasinadas por violencia de xénero:
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/13/hallan-cadaver-descuartizado-mujer-congelador/827908.html
http://www.vigoalminuto.com/2013/06/16/una-anciana-muere-acuchillada-presuntamente-a-manos-de-su-marido-que-tambien-ha-muerto/
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/12/andalucia/1371046134.html
A violencia de xénero ten que desaparecer da sección de prensa de "sucesos". Lembramos que unha muller asasinada non é un suceso, é unha violencia estructural que debe ser abordada dende a desigualdade social na que vivimos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)