Cremos necesaria a aclaración de termos debido á incorrecta, inexacta e errónea “carta ó director” do faro de Vigo con data 6/05/2013:
http://www.farodevigo.es/cartas/2013/05/06/feminismo-radical/804139.html
O feminismo
é un “Movemento que exixe para as
mulleres iguais dereitos que para os homes“(Real Academia Española). Non
significa nin superioridade, nin resentimento, nin envexa. Non é sentirnos con
complexo de inferioridade. É loitar contra a desigualdade ou contra a violencia
de xénero.
O feminismo é parte da nosa historia como mulleres, porque grazas a mulleres como Kate Millet, precursora do feminismo radical, afianzouse o lema “o persoal é político” base ideolóxica para que a sociedade asumira como propia a eliminación da violencia de xénero.
O feminismo é parte da nosa historia como mulleres, porque grazas a mulleres como Kate Millet, precursora do feminismo radical, afianzouse o lema “o persoal é político” base ideolóxica para que a sociedade asumira como propia a eliminación da violencia de xénero.
Chamar ó “feminismo radical” patolóxico,
demostra un total descoñecemento e desprezo ás loitas das mulleres durante
séculos e que grazas as cales, poidemos ter a posibilidade de aprender a
escribir ou a ler. Os feminismos non desprecian ós homes, non pretende que as
mulleres dominen, os feminismos promoven unha sociedade máis libre e
igualitaria, onde as mulleres non sexamos violadas, discriminadas, nin
esquecidas pola historia.
Grazas ás feministas fuches á universidade, podes
solicitar calquera emprego, podes recibir e brindar información sobre control
da fertilidade sen ir ao cárcere, practicas un deporte profesional, podes
usar pantalóns, podes casar sen perder o teu apelido e sen que os teus
dereitos civís sexan asimilados polo teu esposo. Tes dereito a rexeitar ter
relacións sexuais. Tes dereito a que os teus rexistros médicos confidenciais
non sexan divulgados aos homes da túa familia. Tes dereito a ler os libros que
desexes sen supervisión do teu irmán ou titor. Podes obter un préstamo, sen
aval de marido ou titor. Permíteseche testificar na túa propia defensa. Posúes
propiedades que son unicamente túas. Tes dereito ao teu propio salario aínda se
estás casada ou hai un home na túa familia. Sabes que se o teu marido che pega
poderás denuncialo en comisaría. Outórgaseche un título despois de ir á
universidade. E podes aleitar ao teu bebé nun lugar público e non ser arrestada
por iso.
“Sen a loita de moitas
feministas que reclamaron estes dereitos para ti, non poderías gozar do que
hoxe consideras normal.” (Lucía Etxebarría, "Xa non sufro por
amor")