FORMACIÓN 2012


FORMACIÓN GRATUITA
PARA A BUSCA DE EMPREGO
DIRIXIDO A MULLERES

Módulo 1.- Acceso ó emprego: Coñecementos do mercado laboral, Métodos de procura de emprego, Superar os procesos de selección

Módulo 2.- O que debemos saber cando iniciamos unha relación laboral: Dereitos laborais, Nóminas, Traballo en equipo, Políticas de igualdade e medidas de acción positiva.

A acción formativa configúrase en 5 sesións, de 3 horas de duración cada unha.

LUGAR: CENTRO CÍVICO CASCO VELLO, R/ OLIVA, 12
DATAS: 16, 17, 18, 19 E 20 de Xullo
HORARIO: 10.00 – 13.00h



Telfs. de inscrición e información 
986 22 23 28 – 670 453 431


METODOLOXÍA
Activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de reflexión e debate.
A acción formativa configúrase en 5 sesións, de 3 horas de duración cada unha.


CALENDARIO


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES

Centro Cívico Casco Vello

10:00-13:00h

Centro Cívico Casco Vello

10:00-13:00h

Centro Cívico Casco Vello

10:00-13:00h

Casa das mulleres

17:00-20:30

Centro Cívico Casco Vello

10:00-13:00h



EQUIPO DOCENTE
Formado por persoal técnico con experiencia en xénero e orientación laboral

- Eva Ventín Lorenzo – Diplomada en relacións laborais
- Raquel Doval Carregal – Traballadora social da Rede de Mulleres


Persoa de referencia: Rosa Fontaíña Pazos, coordinadora e voceira da Rede.


*podedes solicitar canguro de forma gratuita

PROGRAMA DE RETORNO VOLUNTARIO DE INMIGRANTES


Normativa

Resolución de 4 de xullo de 2012, da Dirección General de Migraciones, pola que se convocan subvencións para programas de retorno voluntario de persoas inmigrantes. (BOE nº 161 do 6/07/2012)

Programas subvencionables:

  1. Programa de retorno voluntario asistido con especial atención a persoas vulnerables cofinanciado polo fondo europeo para o retorno.
  2. Programa de retorno voluntario produtivo cofinanciado polo fondo europeo para o retorno.
  3. Programa de retorno voluntario de atención social.
  4. Programa de retorno voluntario productivo
Prazo de solicitude: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación. Ata o 26 de xullo de 2012.

Programa de retorno voluntario de inmigrantes (PREVIE)

O Programa de Retorno Voluntario está dirixido a persoas estranxeiras con diferente estatus legal, especialmente inmigrantes que manifestan o desexo de volver ao seu país de orixe ao atoparse en situación de precariedade ou en risco de exclusión social.
O programa lévase a cabo mediante a colaboración do Ministerio de Traballo e Inmigración (Dirección General de Integración de los Inmigrantes) con diversas entidades: a Organización Internacional para as Migracións (OIM) e varias ONGs especializadas. No caso da OIM, ademáis dos servizos citado, existe un programa especial cunha axuda económica superior para determinados proxecto produtivos.
Os servizos sociais poderán deferir os casos de retorno directamente á OIM ou ás ONGs colaboradoras elaborando un informe social que terá que resumir a situación social do solicitante e unha valoración dos casos para ser presentados ao programa de Retorno Voluntario.

    Servizos

    O programa de retorno voluntario inclúe os seguintes servizos:
    • Información e asesoramento á persoa interesada.
    • Billete de retorno internacional ao seu país de orixe, desde o lugar do seu domicilio en España contemplando o pago da estancia, manutención e todas aquelas circunstancias excepcionais que poideran presentarse no tránsito.
    • Gastos imprevistos de medicamentos ou outros como acompañamento debidamente xustificados.
    • Axuda económica de viaxe de 50 euros por cada membro da unidade familiar.
    • Axuda económica para a reintegración no país de orixe que pode ascender a 400 euros por persoa e ata un máximo por unidade familiar de 1.600 euros.

    Requisitos necesarios para acollerse ao programa:

    • Atoparse en situación de falta de recursos económicos e de vulnerabilidade social por determinadas circunstancias.
    • Ter unha permanencia en España non inferior a 6 meses.
    • Informe social dos servizos sociais do concello en que resida ou dunha ONG especializada.
    • Declaración de voluntariedade da persoa interesada

    UN HOME ENTREGA O SEU FILLO DE 15 ANOS POLO CRIMEN DE REDONDELA

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/07/06/detienen-adolescente-15-anos-crimen-redondela/0003_201207G6P6991.htm

    UNHA MULLER MORRE ACOITELADA POLO SEU FILLO NA SÚA CASA DE MADRID

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/07/06/mujer-muere-apunalada-domicilio-hijo-detenido/00031341553742280764260.htm

    CONDEADO POR ASASINATO O PARRICIDA DE PADERNE

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/07/05/condenado-asesinato-parricida-paderne/0003_2012071341507473841985.htm