“O SAP é un instrumento de violencia institucional”, explicaba Fátima Urzanqui, psicóloga experta en violencia de xénero. Urzanqui, que desgranou unha a unha as aberracións deste suposto síndrome (que non ten ningún respaldo científico, que foi inventado por un pedófilo, que non se recolle en ningún texto médico, que só aparece no entorno xudicial, nunca no sanitario, non o diagnostica ningún médico/a e que se insta á terapia dende a xudicatura…) e destacou cómo a xusticia española incumpre a súa función reparadora. “As mulleres están vendo que se denuncian ao maltratador (e en algúns casos abusador das criaturas) poñen en situación de maior risco aos seus fillos e fillas”. E rotunda, concluiu: “En España non se está protexendo aos nenos e as nenas”.
Outro exemplo sinalado pola abogada Lara Martín é o racismo, ademáis do sexismo, que tamén se sofre nos xulgados especializados en violencia de xénero: “Vemos como as mulleres que van aos xulgados a denunciar se ven obrigadas a xustificarse e se ademáis son estranxeiras, o primero que se cerne sobre elas é a sospeita de que van buscando “papeis” para a súa estancia en España”.
http://nuriavarela.com/tag/red-de-resistencia-y-respuesta-a-las-violencias-machistas/