UN HOME MATA OS SEUS DOUS FILLOS E A SÚA SOGRA E SUICÍDASE

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/04/12/hombre-mata-hijos-suegra-suicida/790157.html

DOCUMENTAL "CON TU DINERO"



ESTREA EN VIGO DO DOCUMENTAL "CON TU DINERO"

Até que punto a sociedade é consciente do xeito
en que se emprega o seu diñeiro?
As asociacións Fiare Galiza e Amarante Setem en colaboración con Adicae, COOP 57 e AIS O Peto organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.
A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se desplaza a Galiza exclusivamente para estar presente nas sesións).
Neste documental no que non se pretende sentar cátedra, tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.
O documental está producido por MOBIOLAK. Dura cerca de 70 minutos e despois da súa proxección haberá unha charla-coloquio con con Iker Espúñez, membros de Fiare Banca Ética, responsábeis da ONGD Amarante Setem e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.

DATA/LUGAR DA PROXECCIÓN

A entrada será libre até completar aforo.
Proxección do documental. En Vigo o documental proxectarase o mércores 17 de Abril ás 19:30 horas no Centro Cívico de Teis, Camiño Maceiras s/n.
Participantes:
Iker Espúñez: director do documental.
Fiare banca ética: Manual Adame.
COOP 57 Galiza: Teresa Balado.
Amarante Setem: Xosé Luís Riveiro.
Adicae: Iria Aguete
AIS O Peto: Raquel Doallo

SINOPSE

Este documental pretende reflexar as prácticas financeiras alternativas á banca
convencional que podemos atopar na actualidade no estado español.
A crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as. Até qué punto a sociedade é consciente da forma en que se emprega o seu diñeiro?