En Ruta coa Depo


Dende a Rede de Mulleres organizamos unha saída cultural dentro do Programa "En ruta coa Depo" (no cartaz tedes máis información). É unha actividade para as persoas que forman parte da Asociación, pero todavía temos 7 prazas libres, polo que as publcitamos para o resto das persoas que poidan estar interesadas. Se queredes máis información ou queredes anotarvos podedes poñervos en contacto nos teléfonos 986 22 23 28 // 670 453 431.

Novo Obradoiro de Autoestima


- Identidade Feminina e Mensaxes de Xénero.
- Autocoñecemento e Autoestima: Claves para o desenvolvemento.
- Autoaceptación: Valoración das nosas experiencias.
- Autoafirmación: Creenzas, deberes, valores e principios a revisión.
- A comunicación e as relacións: pérdidas, relacións filiais, relacións de parella. Aprender onde por os límites.
- Obstáculos para o cambio persoal: a culpa e os sentimentos.
- Saúde e vida cotiá: Autocoidado, sexualidade, traballo, imaxe corporal, coidar a outros, tempo e espazo persoal, amizade.

CONCENTRACIÓN 25 DE ABRIL ÁS 20:00 DIANTE DO MARCO

25 de abril 20:00 CONCENTRACIÓN DIANTE DO MARCO.

24 FEMINICIDIOS EN 2019

A Rede de Mulleres convoca para mañá, cómo cada último xoves de mes, unha concentración diante do museo de Arte Contemporánea (MARCO) unha concentración en repulsa da violencia machista en todas a súas manifestacións.

Seguimos a denunciar a violencia, os asasinatos das mulleres polo mero feito de selo, a falta de igualdade efectiva que logre unha vida libre de violencias. Porque desde a Rede defendemos o dereito a vivir en paz, soamente en case catro meses 24 mulleres foron asasinadas pola violencia machista. A sociedade no seu conxunto ten que reaccionar ante esta barbarie.

Leremos un comunicadi en mostra da nosa solidaridade coas mulleres e de denuncia da situación actual.

AGARDAMOS CONTAR UNHA VEZ MÁIS CON TODAS E TODOS, AGRADECENDO A DIFUSIÓN E A VOSA ASISTENCIA.


Aumento do número de dispositivos telemáticos de seguimento

O número de dispositivos telemáticos de seguimento aumenta en Vigo e provincia, pasando dos 69 que había en 2018 a 79. Estes dispositivos GPS controla a ubicación de vítima e agresor e só se establece por decisión xudicial nos casos máis graves. Moitas veces nos casos de quebrantamento da orde de protección, levar este dispositivo era aceptado polo acusado para evitar o ingreso en prisión, e nos casos de ingreso en prisión lles é colocada a pulseira cando teñen un permiso.

Esta medida de seguridad consiste nun pulseira e un dispositivo GPS que é colocada ao maltratador e outro dispositivo receptor que se lle entrega a vítima, xestionados polo centro COMETA (Centro de Control de Medidas de Afastamento), encargado do control da localización de vítima e agresor. Cando o agresor achégase ao radio imposto pola orde de afastamento (xa sexa un punto fixo coma o seu domicilio ou a onde se atope nese momento) recíbese o aviso e comunícallo á policía, xulgado e a propia vítima.



O gran de problema destes dispositivos, recoñecido pola propia Fiscalía de Pontevedra, é que son frecuentes os seu fallos, cando perden a conexión, se intentan manipular ou non teñen batería salta tamén a alarma polo que as vítimas ato´panse nun permanente estado de alerta que lles produce ansiedade, inseguridade  e revitimización.

Polo tanto, unha medida de protección que tería que garantizar a seguridade das vítimas da violencia de xénero convírtese, polos seus fallos técnicos, nunha medida de pode dificultar o seu proceso de recuperación ao xenerar un estado psicolóxico de alerta constante.



Por outra banda queremos salientar, vendo os datos aportados pola noticia publicada onte, que resulta preocupante que a pesar do aumento do número de dispositivos de seguimento e o aumento do número de casos abertos por violencia machista a cifra de ordes de protección impostas polo xulgado de violencia de Vigo fose de 165 o pasado ano, a cifra máis baixa desde 2012. Isto nos leva a concluir que só se está atender a protección das vítimas cando o seu perigro é extremo, é dicir, cando xa viviu unhas situacións de violencia moi graves que non tiñas por que ter soportado se lles fora garantizada a súa seguridade nun momento anterior. Por todas é coñecido o dito "é mellor previr que curar" pero na violencia machista, moitas veces, non existe cura posible; por iso segue sendo necesaria unha labor común nas tarefas de prevención e protección e un naior apoio ás vítimas desde que se percibe unha situación de violencia.







*Noticia publicada no Faro de Vigo, 23/04/2019

XXI Xornadas de Formación en Violencia

Onte rematou o primeiro ciclo das XXI Xornadas de Formación en Violencia de Xénero organizadas pola Rede de Mulleres sendo inauguradas polo alcalde Abel caballero e a Concelleira de Igualdade, Uxía Blanco. No primeiro día contamos coa a participación de integrantes dos distintos grupos especializados en protección de vítimas da Policía Local, Nacional, Adscrita e Garda Civil; explicando as funcións de protección e investigación dos distintos equipos especializados.






No segundo día tratouse a parte xudicial os temas de eido xudicial da man dunha avogada experta en xénero, Ana Barreiro, que contounos a problemática actual a que se enfrontan ás vítimas. As funcións do Instituo Médico Legal de Galicia foron explicadas por Ana Belén Campos, médica forense no xulgado de Vigo. Por último o maxistrado do Xulgado mixto de Redondela Miguel Seijo Espiño e o fiscal da área de Vigo Oscar Vladimir Vallejo trataron as cuestións prácticas dos procedementos penais neste campo.



No último día das xornadas interviu a Directora do Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia, Elena Molanes para contarnos o seu funcionamento así como Belén Liste Subdirectora Xeral de Igualdade da Xunta para explicarnos os recursos para as vítimas. Contamos coa participación de Mercedes Vázquez para explicar as funcións da Oficina de Atención a Cidadanía e Asistencia a Vítima  do Xulgado de Vigo e o Centro de Información Municipal dos Dereitos da Muller estivo representado pola psicóloga Felisa Balboa e a avogada Ana Kowalsky que relataron os aspectos psicolóxicos e legais da violencia machista.
Finalmente tivemos a participación da psicóloga clínica Carmen Clavería encargada de desenvolver o segundo ciclos destas xornadas, que terán lugar entre os días 9 a 12 de abril na Casa Galega da Cultura.



A finalidade destas xornadas e dar unha aproximación o máis completa e eficiente a tódalas persoas, xa sexan ou non profesionais relacionadas con este ámbito, aos distintos integrantes que participan no proceso de erradicación da violencia así como ofrecer unha formación de calidade sobre a violencia contra as mulleres: causas, formas de detección e principalmente a formación de mediadoras que acompañen ás usuarias no seu proceso de recuperación.