O 'violador do Eixample' sae libre tras someterse á castración química

Alejandro Martínez Singul, coñecido como o segundo violador do Eixample, sairá este xoves 4 de xullo de 2013 da cárcere tras someterse voluntariamente a unha castración química e tras ter cumplido íntegramente a súa última condea de máis de 3 anos por intentar abusar dunha nena de 12 anos.

Non obstante, as persoas expertas non consideran que o preso estea rehabilitado e temen que a saída de prisión deste violador reincidente cause un revuelo social que lle impacte negativamente e teña "risco de desestabilización". 


http://www.periodistadigital.com/cataluna/barcelona/2013/07/03/el-violador-del-eixample-sale-libre-tras-someterse-a-la-castracion-quimica.shtml

Falan as mulleres vítimas da trata

 Autoretratos realizados polas mulleres vítimas de trata que participaron na elaboración da Guía sobre Trata de Mulleres.


Ser rescatada dunha trata tamén implica afrontar outros medos e outros problemas. Ogallá as escoiten, ogallá entendan o porqué dos seus silencios, e lles deixen decidir, comenta Helga, coordinadora del proyecto Mujer Frontera (www.mujerfrontera.org)


http://blogs.20minutos.es/mas-de-la-mitad/2013/07/03/hablan-las-mujeres-victimas-de-la-trata/

Condenadas á violencia en Tahrir


Un centenar de mulleres exipcias sufriu algún tipo de agresión sexual nos últimos catro días. O 99,3% das exipcias recoñecen ter sufrido algún tipo de agresión sexual, segundo a ONU.
O acoso sexual é unha auténtica epidemia en Exipto. Case tódalas mulleres denuncian ter sufrido algunha vez algún tipo de acoso sexual, entendido como seguimentos, mensaxes lascivos, tocamentos ou, nos casos máis graves, violación.

Recomendámosovos o filme, El Cairo 678, para comprender o día a día destas mulleres. 


http://internacional.elpais.com/internacional/2013/07/03/actualidad/1372885324_439632.html