SERVIZO MUNICIPAL DE ATENCIÓN DOMICILIARIA A INFANCIA
III.- SERVIZO MUNICIPAL DE ATENCIÓN DOMICILIARIA Á INFANCIA (SADI)
Este servizo municipal consiste no coidado persoal das fillas e fillos menores de dez anos. Previa valoración económica da unidade familiar o servizo Ten lugar na casa da beneficiaria desde a hora solicitada ata o seu regreso. A duración máxima é de 4 horas no horario comprendido entre as 7,00 a 23,00 horas de luns a venres. Os seus obxectivos son: contribuir á harmonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas de violencia; favorecer a incorporación da muller ao emprego; fomentar a formación académica e ocupacional das mulleres, potenciar e facilitar a participación das mulleres nas actividades de asociacionismo: ANPAS, movemento veciñal, asociacións culturais , etc; acadar tempo propio e persoal, específicio para cada muller.
Tamén en casos de urxencia como poden ser: comparecencia ante calquera administración, ingresos hospitalarios, accidentes; atención a casos de extrema gravidade mentres non poidan ser resoltos por outros servizos especializados.
Solicitude a través do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, cunha antelación mínima de 24 horas.
Tlf. 986 293 963
Enderezo. Rúa romil, 20 Vigo

Suscribirse a:
Entradas (Atom)