As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.
Inscrición previa desde o día 3 de outubro e ata cubrir
prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a
13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.
Dirixido a
: homes e mulleres maiores de 18 anos.
Contidos:
A análise
da desigualdade. A antropoloxía e o xénero: de onde procede a desigualdade
entre homes e mulleres. As achegas dende a antropoloxía feminista.
Os novos
movementos feministas: feminismo pos-colonial; ecofeminismo; feminismo queer e
ciberfeminismo.
Globalización
e xénero. Retos de futuro: a economía feminista e a análise dos coidados.
O
desenvolvemento do programa constará de 21 horas en total, distribuídas en 7
sesións de 3 horas de duración cada unha.
Período e
horarios: os xoves desde o 23 de outubro ata o 4 de decembro de 17.30 a 20.30h.
Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número
20.