http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/25/actualidad/1395782548_941625.html
Prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014
Normativa
Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de
prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa
convocatoria. (DOG nº 59 do
26/03/2014)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.pdf
Obxecto:
Facilitarlle á mocidade galega a participación en
actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que
se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en
diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os
meses de xullo e agosto.
Participantes:
Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada
actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en
conta o seguinte:
Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes
da finalización do campamento.
Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao
inicio do campamento.
Persoas con discapacidade.
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao
33 % e inferior ao 65 % poderán participar nesta convocatoria sempre que:
Teñan capacidade de integración nun grupo.
As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben
permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e
beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver (as características das
instalacións de cada destino e as actividades dos distintos campamentos e
quendas poderanse consultar tamén na páxina web de xuventude
(www.xuventude.net).
Servizos ofertados
Un programa de actividades de carácter sociocultural,
recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a
mozo/a.
Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou
campamento xuvenil.
Manutención en réxime de pensión completa.
O material necesario para a actividade.
Persoal especializado en animación sociocultural e
actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso
das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase
de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas
necesidades.
Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de
accidentes.
Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas
inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como
punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de
Compostela.
Documentación:
A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de
grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o
suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No
momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta
como individuais.
Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un
máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou
actividade vai identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
Procedemento xeral:Solicitude individual (anexo II) /
Solicitude múltiple (anexo III)
Procedemento das prazas reservadas para inclusión
(exclusivamente para os campamentos e quendas que se inclúen no anexo I B):
Solicitude individual (anexo IV) / Solicitude múltiple (anexo V)
As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por
unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que
presenten a solicitude por ambos os procedementos.
Lugar de presentación:
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e
novembro.
Vía telemática:
http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
Prazo de solicitude:
15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da
publicación da Orde: ata o 10 de abril de 2014.
Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar no
prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da realización do
sorteo:
Xustificación de pagamento
Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de
familia.
Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou
seguro médico privado.
Cuestionario médico-sanitario (anexo IV)
Declaración responsable de que sabe nadar.
De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia
Numerosa, e do Carné Xove . Os membros de familia que teñan o título de familia
numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un
desconto do 25%.
Máis información:
Rede galega de información xuvenil
Xuventude.net
Suscribirse a:
Entradas (Atom)