Prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014

Normativa

Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 59 do 26/03/2014)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.pdf
Obxecto:

Facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.
Participantes:

Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
Persoas con discapacidade.
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % e inferior ao 65 % poderán participar nesta convocatoria sempre que:
Teñan capacidade de integración nun grupo.
As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver (as características das instalacións de cada destino e as actividades dos distintos campamentos e quendas poderanse consultar tamén na páxina web de xuventude (www.xuventude.net).
Servizos ofertados

Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
Manutención en réxime de pensión completa.
O material necesario para a actividade.
Persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Documentación:

A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.
Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
Procedemento xeral:Solicitude individual (anexo II) / Solicitude múltiple (anexo III)
Procedemento das prazas reservadas para inclusión (exclusivamente para os campamentos e quendas que se inclúen no anexo I B): Solicitude individual (anexo IV) / Solicitude múltiple (anexo V)
As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.

Lugar de presentación:

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
Vía telemática: http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia
Prazo de solicitude:

15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 10 de abril de 2014.
Os/as participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da realización do sorteo:
Xustificación de pagamento
Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
Cuestionario médico-sanitario (anexo IV)
Declaración responsable de que sabe nadar.
De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, e do Carné Xove . Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.
Máis información:

Rede galega de información xuvenil

Xuventude.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario