Ameaza de morte a súa muller e cóspelle diante da súa filla

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/03/20/amenaza-muerte-mujer-escupe-delante/989740.html

Comunicación da Asociación Nós Mesmas

Ola :
Desde Nos Mesmas queremos facervos participes da información recibida pola FELGTB, en referencia ao proxecto  sobre o que estamos a traballar e o cal levará a cabo en poucos meses.
Como xa saberedes, o Ministerio de Sanidade vai realizar unha modificación da Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde. Entre as modificacións previstas está a de restrinxir o acceso ás técnicas de Reprodución asistida ás parellas de mulleres e mulleres soas.

Desde a FELGTB, estiveron traballando para que isto non levase a cabo e realizaron algunhas accións e mantiveron contactos co Ministerio (con reunións etc), partidos políticos e a asociación Nais solteiras por Elección.
Unha vez feito este percorrido no Ministerio e crendo que  o proxecto non sufrirá ningunha modificación, debemos iniciar a súa reivindicación nos territorios autonómicos.
E é aí, onde como asociación, puxemos o noso apoio porque é totalmente necesario. 
O proxecto consiste en presentar nas Consellerías de Saúde de cada Comunidade Autónoma unha solicitude de entrevista, para demandar a inclusión de parellas de mulleres e mulleres soas no acceso ás técnicas de reprodución humana asistida (RHA). Con esa carta achegaranse unhas argumentacións que nos enviaron desde a FELGTB, que están baseadas en criterios de igualdade de acceso para todas as mulleres. Unha delas é:
a inclusión de TODAS As MULLERES é unha medida que debe considerarse de carácter político- posto que se trata dunha cuestión de dereito á maternidade- e non "problema médico", como se pretende establecer, ao afirmar que é o grupo de expertos quen propuxo o criterio de inclusión: a esterilidade. O grupo de expertos está formado por profesionais do medicamento, sociedades científicas, etc, que realizan unha proposición que pode ser validada, ou non, polo Ministerio. É a éste a quen corresponde a tarefa de xestionar os recursos baseándose en criterios que non se opoñan aos valores que recolle a nosa Constitución (Artigo 14 da Constitución).
Consideran que tras a publicación da Carteira Básica do SNS, que será nas próximas semanas, teremos que efectuar esta acción. 
Nós Mesmas, cunha representante, entregarán a solicitude de entrevista na Consellería de Saúde. A idea, é realizar a acción todas as entidades o mesmo día para conseguir maior alcance mediático e maior relevancia a nivel nacional, e é aí onde queremos contar co teu apoio, facer forza nun tema que nos afecta a todas e do que non poden deixarnos fora coma se fósemos mulleres na sombra. 


http://www.nosmesmas.com/

A Xunta dalle un millón máis á orde relixiosa que di "salvar" persoas con discapacidade


http://praza.com/politica/6742/a-xunta-dalle-un-millon-mais-a-orde-relixiosa-que-di-salvar-persoas-con-discapacidade/

Concentración xoves 27 de marzo

O próximo xoves 27 de marzo ás 20h ( como ven sendo habitual o último xoves de cada mes) a Rede realiza a concentración diante do MARCO. A día de hoxe, menos de 3 meses do ano, son 26 as mulleres asasinadas.


A nosa resposta debe ser contundente, para elo esperamos que a cidadanía déa esa resposta a esta traxedia que tanta dor nos produce.