http://www.lavanguardia.com/sucesos/20140519/54407068098/condenados-a-47-anos-tres-hombres-por-violar-en-salou-a-la-mujer-de-un-deudor.html
Resolución do 14 de maio de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2014. (DOG nº 95 do 20/05/2014)
Obxecto:
Axudar económicamente mediante un pagamento único a aqueles traballadores que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013 se acolleran a unha redución da súa xornada dunha duración mínima de 60 días naturais ininterrompidos para o coidado dun/dunha fillo/a menor de 3 anos, ou ben menor de 12 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
O período máximo subvencionable será de oito meses comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2013.
Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Neste suposto, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito á axuda non deberán transcorrer máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. O/a fillo/a polo/a que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
No caso das familias non monoparentais, serán subvencionables todos os períodos traballados durante o ano, co límite máximo de oito meses, sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores aos 60 días, e sempre que a muller traballe de xeito continuado ou que o tempo non traballado non supere o 5 % do tempo total correspondente aos períodos que se van acumular. Nestes casos, cando haxa dous ou máis períodos subvencionables que non sexan acumulables, concederase a axuda por aquel que sexa o máis favorable para o interesado.
No caso das familias monoparentais, serán acumulables todos os períodos traballados durante o ano, co límite máximo de oito meses, sempre que un dos períodos sexa dun mínimo de 60 días naturais ininterrompidos, aínda que o resto sexan inferiores aos 60 días.
Persoas beneficiarias
- Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social., que se acollan á redución de xornada.
- Familias monoparentais nas que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada. Por familia monoparental enténdese, o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.
En ningún caso poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela ou garda fose asumida por unha institución pública.
Requisitos:
- Estar inscritos no padrón de calquera municipio de Galicia, polo menos cun ano de antelación á data da solicitude.
- Convivir co/a fillo/a durante o período subvencionado.
- No caso das familias non monoparentais, o outro membro da unidade familiar deberá ser traballador/a por conta allea ou ben autónomo/a e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.
Contías máximas e duración das axudas:
A contía da axuda, de pagamento único, estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de 8 meses:
- Cando a redución de xornada sexa de ata o 15% da xornada laboral polo tempo máximo de 8 meses:
- 1.600 euros se é a/o primeira/o filla/o.
- 1.900 euros se é a/o segunda/o ou se son xemelgas/os.
- 2.200 euros se é a/o terceira/o filla/o u se son trixemelgas/os
- Cando a redución de xornada sexa superior ao 15% e ata o 33,33% da xornada laboral polo tempo máximo de 8 meses:
- 2.700 euros se é a/o primeira/o filla/o.
- 3.000 euros se é a/o segunda/o ou se son xemelgas/os.
- 3.300 euros se é a/o terceira/o filla/o u se son trixemelgas/os
- Cando a redución de xornada sexa superior ao 33,33% da xornada laboral durante 8 meses:
- 3.000 euros se é a/o primeira/o filla/o.
- 3.300 euros se é a/o segunda/o ou se son xemelgas/os.
- 3.600 euros se é a/o terceira/o filla/o u se son trixemelgas/os
Axuda poderá concederse por unha redución de xornada dun máximo de 8 meses ininterrompidos e un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.
Cando a redución de xornada se solicite por un período inferior aos 8 meses ou no caso de que a persoa non estea contratada a xornada completa, as contías reduciranse proporcionalmente.
Cando a redución de xornada se solicite por un período inferior aos 8 meses ou no caso de que a persoa non estea contratada a xornada completa, as contías reduciranse proporcionalmente.
Para o cálculo da contía teranse en conta únicamente as fillas e fillos menores de 12 anos, agás no caso daquel polo que se solicita redución de xornada.
Documentación:
- Solicitude e anexos (pdf) | Presentación electrónica na sede
- Anexo II: declaración responsable para o caso de proxenitores solteiros cun/unha fillo/a recoñecido/a polo outro proxenitor pero sen que existise convivencia entre pai e nai durante o período obxecto da axuda.
- Anexo III: certificación da empresa ou, se é o caso, da administración pública correspondente, acreditativa da redución de xornada. No suposto de que durante o período de redución de xornada polo cal se solicita a axuda se producise un aumento ou diminución da porcentaxe inicial de redución da xornada de traballo, deberá cubrirse un anexo III por cada unha das variacións producidas. Igualmente, se a redución de xornada non for desfrutada de modo ininterrompido, cubrirase un anexo III por cada un dos períodos en que se estivese nesta situación.
- Anexo IV: recolla de datos para a análise de resultados.
- Fotocopia compulsada do libro de familia.
- Fotocopia compulsada da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
- Nos suposto de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución de tutela.
- No suposto de fillos/as afectados/as por unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificado de discapacidade (no caso de non ter sido expedido na nosa Comunidade Autónoma).
- No caso de proxenitores solteiros con filla/o recoñecido polo outro proxenitor pero sen que exista convivencia entre pai e nai, declaración xurada que recolla este extremo.(anexo II).
- Certificado de empadroamento no que se acredite a data de empadroamento en Galicia (polo menos un ano antes da data de solicitude)
- Documento da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (IDC expedido pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada por garda legal, durante o período polo cal se solicita a axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación en que se acredite a referida situación.
- Certificado de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa á persoa solicitante da axuda. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación acreditativa equivalente.
- No caso de familias non monoparentais, certificación de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social (Muface, Isfas, Mugeju, etc.), certificación acreditativa equivalente.
- Para o caso de non autorizar a Secretaría Xeral da Igualdade a obter os datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, fotocopia compulsada do DNI ou NIE da persoa solicitante.
Lugar de presentación:
- Secretaría Xeral de Igualdade.
- Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
- No enderezo electrónico: https://sede.xunta.es
Prazo de presentación:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación. Ata o 20 de xuño de 2014