Programa Campaña Verán
Normativa
Orde do 21 de marzo de 2013 pola
que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de
verán 2013 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 63 do 2/4/2013)
Obxecto:
Facilitarlle
á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a
través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán
tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes
quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses
de xullo e agosto
Participantes:
Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
- Os/as nados/as no ano 1995 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
- Os/as nados/as no ano 2004 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
A
solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata
catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o
suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda.
No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen
en conta como individuais.
Cada
persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco
quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai
identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
Servizos
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da/o moza/o.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
- Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Documentación:
Solicitude individual (anexo II) / Solicitude múltiple (anexo III)
Lugar de presentación:
- Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
- Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
- Vía telemática: http://www.xunta.
es/presentacion-electronica- da-xunta-de-galicia
Prazo de solicitude:
15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 17 de abril de 2013.
Os/as
participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días
naturais contados desde o seguinte ao da realización do sorteo:
- Xustificación de pagamento
- Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
- Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
- Cuestionario médico-sanitario (anexo IV)
- Declaración responsable de que sabe nadar.
- De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, e do Carné Xove . Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.