A Fundación Rosalía de Castro pecha o 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’ cun programa especial do Diario Cultural que servirá de marco para a presentación do proxecto de edición de “De Cantares Hoxe.
Comunicado pola igualdade salarial
A Plataforma Andaluza de Apoio ao Lobby Europeo de Mulleres dende 2007, ten unha tarefa máis na súa axenda feministas-activista, si, en 2007 coñecemos que as mulleres traballabamos 53 días máis ao ano que os compañeiros coa mesma categoría profesional para igualar os nosos salarios. Grazas Elena Valenciano, que propiciaches marcar un día na Axenda Pública para visibilizar e esixir A Igualdade Salarial entre Mulleres e Homes. Esixencia que de xeito evidente non necesita máis razóns, pero temos que dalas porque de xustiza é, que a Igual Traballo-Igual Salario. Porque as Mulleres necesitamos autonomía económica para ser independentes e donas das nosas vidas, non podemos seguir apoiando unha sociedade sexista onde os homes son o centro de todo e as mulleres as sostenedoras do Sistema do Benestar Social na máis absoluta precariedade económica e pobreza, cobrando o 47% de nós menos do S.M.I, 643,42 E ao mes, tendo nomes de mulleres o 26% dos contratos a tempo parcial fronte ao 6% que son para os homes, aquí co sumatorio de que o empresariado pode solicitar que se realicen horas extraordinarias. Somos o 94% das mulleres, as que saímos do mercado laboral para coidar a seres queridos, as que asumimos as responsabilidades de educación, saúde, casa, vestido, alimentos...das nosas fillas e fillos, cando os pais desaparecen ou non pagan a pensión alimenticia. Son as profesións feminizadas, de traballos de coidados a persoas maiores, infancia, dependencia, adiccións, violencia... en definitiva o coidado da vida humana as que temos salarios de pobreza.
Non se sostén que sigamos falando de Igualdade, de Dereitos das Mulleres, se seguimos sendo as pobres dos pobres, non permitindonos os nosos salarios ser donas das nosas vidas, a pobreza tamén mata. As Mulleres, todas, necesitamos salarios dignos que nos permitan independizarnos da tutela do pai, o esposo ou o Estado.
Non se sostén que sigamos falando de Igualdade, de Dereitos das Mulleres, se seguimos sendo as pobres dos pobres, non permitindonos os nosos salarios ser donas das nosas vidas, a pobreza tamén mata. As Mulleres, todas, necesitamos salarios dignos que nos permitan independizarnos da tutela do pai, o esposo ou o Estado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)