Cae o número de abortos en España no 2012

http://www.farodevigo.es/espana/2013/12/23/numero-abortos-cayo-espana-5/937606.html

A ministra francesa da MuLLer fala sobre a reforma do aborto

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/22/ministra-francesa-mujer-tilda-retroceso-reforma-aborto-gallardon/00031387710570904417664.htm

Resumo do anteproxecto lei aborto

http://www.lamoncloa.gob.es/ConsejodeMinistros/Referencias/_2013/refc20131220.htm#Concebido

Fotos Manifestación Plataforma Galega Polo Dereito ó Aborto

http://www.flickr.com/photos/96470198%40N03/sets/72157638882626493/

Comunicado da Platataforma Decidir fainos libres

Un retroceso mesmo peor do anunciado
Primeira valoración da Plataforma Decidir Fainos Libres sobre a presentación do Anteproxecto de Lei para a derrogación da actual lexislación sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.
Plataforma Decidir Fainos Libres.
Tras a Rolda de prensa do Consello de Ministros e a presentación na mesma do anteproxecto de Lei por parte do Ministro de Xustiza, a Plataforma Decidir Fainos Libres, en nome das máis de 300 organizacións de mulleres, do ámbito sanitario e da  planificación familiar que a compoñen, declaran:
1. Que os contidos anunciados para o Anteproxecto de Lei representa un retroceso mesmo maior do anunciado a través das diferentes intervencións.
2. Que se trata dun anteproxecto que elimina completamente a posibilidade das mulleres de decidir libremente sobre a interrupción do embarazo.
3. Que se trata dun anteproxecto elaborado desde unha profunda desconfianza tanto na capacidade e responsabilidade das mulleres como no rigor e profesionalidade dos e as profesionais do sistema sanitario.
4. Que algúns dos anuncios apuntan a riscos para a saúde concretos derivados da dificultar dunha atención temperá que é practicamente imposible cos sistemas de control establecidos.
5. Que constrúe unha auténtica chapuza xurídica para os casos de aborto relacionados con patoloxías fetales mesmo incompatibles coa vida.
6. Que se trata dun grave recorte en materia de dereitos sexuais e reprodutivos que nos separa de forma grave do contexto lexislativo dos países da nosa contorna e supón un retroceso social de máis de 30 anos.
7. Que en definitiva acaba cunha lei sobre saúde sexual e reprodutiva, preventiva e respectuosa cos dereitos das mulleres, para propor unha lei para a tutela e a negación da autonomía e a liberdade das mulleres gestantes, cuxos dereitos son colocados por baixo da protección xurídica da vida fetal.
A Plataforma está á espera de poder coñecer con maior detalle e profundidade os contidos deste anteproxecto para poder facer unha valoración máis detallada canto antes.


Para máis información:
Isabel Serrano, Xinecóloga, Portavoz da Plataforma Decidir Fainos Libres. Tfono.: 625057300
Puy Zatón, Secretaría técnica da Plataforma Decidir Fainos libres. Tfono.: 636840101