Un home asasina a súa parella sentimental e se suicida en Hospitalet

http://www.abc.es/espana/20140828/abci-violencia-genero-hospitalet-201408281802.html

Mensaxes á mocidade que fan perpetuar á violencia de xénero

http://praza.gal/movementos-sociais/7736/cinco-mensaxes-a-mocidade-que-fomentan-a-violencia-machista/

Temos que seguir traballando na educación da xente nova: é o único camiño para rachar coa violencia de xénero. Hai que desterrar da educación que lles damos frases como: "se te pegan, ti pega"; ou "os ciumes son expresión de amor". Estes "consellos" seguen a ser escoitados por mozos e mozas, reproducindo unha roda de violencia que temos que parar. Esta nova da conta dun interesante estudo que tamén comenta que as mulleres somos máis educadas na non violencia e na resolución de conflictos pacífica, mentres os nenos reciben mensaxes máis violentos. Isto ten que mudar xa. 

Video da concentración contra a violencia de xénero en Vigo o pasado martes



Moitas grazas a tódalas persoas que asistíchedes para denunciar a violencia de xénero, os asasinatos de mulleres, e esixir ás persoas gobernantes que dunha vez tomen a violencia de xénero como un asunto de Estado. Grazas a Rubens polo video.

Obradoiro Formación para a procura de emprego



Un home asasina a súa muller en Barro (Pontevedra)

http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/criminalidad/un-hombre-mata-a-su-mujer-a-tiros-en-barro-pontevedra-y-luego-se-suicida_tKZhocpB5kwqiIATIP0ib2/

A coordenadora galega da Marcha mundial das mulleres convoca concentración de repulsa polo asasinato en Barro

Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato de Mónica e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.
Sumamos a nosa voz á do resto do feminismo galego e convocamos e participaremos nas concentracións que se convoquen estos días no noso país. CONCENTRACIÓNS:

MARTES 26
  • Vigo, ás 20h no MARCO

Polémicas declaracións do alcalde de Valladolid

http://www.farodevigo.es/espana/2014/08/21/veces-da-reparo-entrar-ascensor/1079364.html

Onte estivemos apoiando a Giancarla para que recupere a súa bebé

Protesta durante a charla do exconselleiro Aniceto Núñez para esixirlle que devolva a súa neta a súa nai: Giancarla. 

 

A Giancarla quitáronlle a custodia da súa bebé nun xuízo inxusto, na que non tivo dereito á defensa. O avogado de oficio foille asignado o mesmo día da vista.  Queremos xuízos xustos! A bebé ten dereitos, e imos defendelos.

 Moitas grazas a tódalas persoas asistentes e que apoidades a Giancarla.

Un clérigo islámico aproba que os homes casadeiros espíen ás mulleres na ducha

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/08/19/clerigo-islamico-aprueba-hombres-casaderos-espien-mujeres-ducha/00031408437529060369390.htm

Catro detidos en Gandía por intentar violar a unha moza

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/08/19/cuatro-detenidos-gandia-violar-joven/1078102.html

Interior aconsella ás mulleres a levar un chifre para evitar as violacións

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/08/19/interior-aconseja-mujeres-llevar-silbato/1077972.html

Detido tras acoitelar á súa parella en Fuenlabrada

http://www.farodevigo.es/espana/2014/08/18/detenido-apunalar-pareja-fuenlabrada/1077610.html

PONTEemprego

http://www.proxectoiles.eu/PONTEemprego/Alertas/oferta_trabajo_empleo_formacion_curso_pontevedra_PONTEemprego_Alerta_144_19-08-2014.pdf

Obradoiro: Comunicación e resolución de conflitos

Xa vos podedes apuntar neste novo obradoiro de Comunicación e resolución de conflitos! Comezamos en Setembro



Cinco detidos por violar a unha moza na Feira de Málaga

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/08/17/cinco-detenidos-presuntamente-violar-joven-feria-malaga/00031408299372249690460.htm

Catro anos sen Sonia Iglesias

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/08/17/cuatro-anos-sonia-iglesias/1077016.html

Detido un home en Mijas por acosar a oito nenas a través das redes sociais

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/08/17/detenido-hombre-mijas-acosar-ocho-ninas-traves-redes-sociales/00031408265336139362323.htm

Un home confesa o asasinato da súa muller en Móstoles

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/08/16/peruano-confiesa-asesinato-mujer-doblaba/1076568.html

Este tipo de titulares non axudan a loitar contra a violencia de xénero

 "La asesinada en Móstoles no había denunciado a su marido. Los vecinos destacan la tranquilidad y amabilidad de la pareja antes del trágico suceso del jueves"


http://www.atlantico.net/articulo/espanha/asesinada-mostoles-no-habia-denunciado-marido/20140816021651430919.html

Dende a Rede denunciamos este tipo de titulares: cremos que a prensa ten que denunciar o asasinato das mulleres, facendo fincapé no detestable do crime e nas súas causas sociais, en vez de dar titulares coma éste, que se prestan a certa "culpabilización" das mulleres asasinadas... Tamén estamos fartas de que os medios destaquen a "xentileza" dos asasinos, e comecen a tratar estas novas coa seriedade que merecen. Este ano xa son 49 as mulleres asasinadas no Estado, e os medios de comunicación deben comprometerse a mellorar o xeito de redactar estas novas, tentando sensibilizar e concienciar á sociedade.

O abogado de oficio dunha muller foille asignado á mesma hora da vista

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/08/16/abogado-oficio-asignado-hora-vista/0003_201408V16C5992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Quítanlle a custodia da súa filla a unha muller sen poder defenderse

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/08/16/me-quitado-custodia-hija-poder-defenderme/0003_201408V16C5991.htm

A prisión por quebrantar oito veces unha orde de afastamento da súa muller

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/08/13/carcel-quebrantar-ocho-veces-orden-alejamiento-mujer/0003_201408G13P11993.htm

Sae do hospital a muller acoitelada pola súa parella en Sollana

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/08/13/sale-hospital-mujer-apunalada-pareja/1074847.html

O presunto autor do rapto e violación dunha menor ourensana enfrontase a 20 anos

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/08/13/presunto-autor-rapto-violacion-menor/1074783.html

Non á discriminación laboral das mulleres embarazadas no SERGAS


Este verán nas contratacións do Hospital Xeral aconteceu un feito moi grave. A unha
celadora embarazada non lle deixaron asinar o contrato tras o informe da unidade de
prevención de riscos laborais (UPRL) declarandoa non apta, cando o procedemento a
seguir seria adecuarlle o posto de traballo ou facilitarlle a baixa por maternidade. Tratase
de protexelas e non de mandalas para a casa negandolles o dereito a un posto de
traballo.
Estar embarazada nom é estar enferma, e tense todo o dereito a un posto de traballo, o
contrario é cometer un acto de discriminación laboral e sexista vulnerando un dereito
fundamental.
Dende o Poder, dende os que gobernan a economía e pretenden gobernar as nosas
vidas, decidiron que o modelo de igualdade de mulleres e homes, o modelo da
independencia e da autonomía das mulleres non é rentable para os seus intereses, e
pretenden impor un modelo tradicional, no que as mulleres asuman o rol familiar e os
homes sustentadores o de ‘cabeza de familia’. Un acordo da dereita política e
económica que vai, por suposto, da man da Conferencia Episcopal sempre esperando a
súa oportunidade para esmagar vidas e liberdades.
Neste modelo vai afondando o Partido Popular, no estado e na Galiza, con cada norma,
con cada reforma, con cada recorte, cada vez que un dos seus fala libremente para
amosar “a súa superioridade intelectual fronte a unha muller”. Así son e así se
manifestan.
Queren que volvamos a ter a consideración de mulleres coidadoras, pechadas na casa,
incapaces de decidir, mulleres dependentes e necesitadas esperando a que nos digan o
que podemos ou non podemos facer. Mais hoxe, as mulleres traballadoras, as mulleres
que enfrontamos as nosas vidas, con toda a enerxía e coraxe, non estamos dispostas a
dar ningun paso atrás na conquista dos nosos dereitos.
Por eso dende a Plataforma Galega polo Dereito Aborto e dende os Sindicatos: CCOO,
CIG-Saúde e UGT fazemos un chamado a denunciar enerxicamente o feito, de negarlle
a unha muller no SERGAS o dereito a un posto de traballo por estar embarazada, pois
sentaria un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e do dereito ao
traballo que non estamos dispostas nin dispostos a tolerar.
Convocamos pois a todo o persoal do SERGAS e a toda a cidadania, a que amose a
sua repulsa a este feito, apoiando a concentración que terá lugar o mércores día 20 de
agosto ás 11:00 h. diante da porta de Urxencias do Hospital Xeral.
Convocan:
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, CCOO, CIG-Saúde, UGT.

Risoterapia para mulleres


Unha muller morre degolada en Almería, está detida a súa exparella

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/08/03/mujer-muere-degollada-almeria-busca/1069430.html

Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, ano 2014

http://igualdade.xunta.es/gl/axudas/axudas-economicas-destinadas-fomentar-o-asociacionismo-e-participacion-das-mulleres-ano-2014

MIss terceira idade envellecemento activo??

Na festa da terceira idade de Melide escolleuse a Miss e Mister terceira idade, a esta festa acudiu a Xunta representada pola concelleira de Benestar, a cal falou de envellecemento activo, e a importancia das persoas maiores na sociedade. Noutras culturas valóranse os logros e as aportacións, celébranse festas en honor das persoas maiores nas cales participa toda a comunidade poñendo o valor da idade e da experiencia. Non entendemos que o envellecemento activo estea relacionado co valor da beleza, unha beleza que, a pesares da idade, sigue estando baixo os cánones opresivos da sociedade actual.

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/melide-coroou-miss-mister-galicia-terceira-idade-45-maiores/idEdicion-2014-07-07/idNoticia-878765/

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2289/mato-pon-valor-importancia-envellecemento-activo-xxi-festival-galego-terceira