Este tipo de titulares non axudan a loitar contra a violencia de xénero

 "La asesinada en Móstoles no había denunciado a su marido. Los vecinos destacan la tranquilidad y amabilidad de la pareja antes del trágico suceso del jueves"


http://www.atlantico.net/articulo/espanha/asesinada-mostoles-no-habia-denunciado-marido/20140816021651430919.html

Dende a Rede denunciamos este tipo de titulares: cremos que a prensa ten que denunciar o asasinato das mulleres, facendo fincapé no detestable do crime e nas súas causas sociais, en vez de dar titulares coma éste, que se prestan a certa "culpabilización" das mulleres asasinadas... Tamén estamos fartas de que os medios destaquen a "xentileza" dos asasinos, e comecen a tratar estas novas coa seriedade que merecen. Este ano xa son 49 as mulleres asasinadas no Estado, e os medios de comunicación deben comprometerse a mellorar o xeito de redactar estas novas, tentando sensibilizar e concienciar á sociedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario