Turquía quítalle ás mulleres e aos pobos os dereitos que gañaran con esforzo


Represión xeneralizada de todas as disidencias
Logo do falido intento de golpe de estado do 15 de xullo de 2016, en Turquía estase sufrindo unha represión xeneralizada. A purga posterior ao golpe prodúcese nun momento en que o ataque de Turquía contra as liberdades de expresión, de asociación e de asemblea xa estaban en marcha.
Pecháronse medios de comunicación e casas editoriais, incluíndo a primeira axencia de noticias sobre mulleres e dirixida por mulleres, JINHA, con moitas canles de televisión, estacións de radio e xornais. Dende o falido intento de golpe de estado de xullo pecháronse máis de 160 medios de comunicación e máis de 130 xornalistas están na actualidade en prisión preventiva.
A detención, nos últimos días, de 12 deputad@s do HDP (Partido Democrático dos Pobos), da esquerda kurda, amosa a recente intensificación da masacre de disidentes no medio do estado de excepción turco.
Detención de alcaldes e alcaldesas kurdas, substituídos por administradores non electos
O 11 de setembro, arrestaron 37 alcaldes de municipios kurdos e designáronse administradores non electos en 35 municipios. O primeiro que fixeron os administradores nestes municipios foi pechar os departamentos policiais de mulleres e os centros de mulleres. Os xefes dos departamentos de mulleres estiveron baixo custodia durante 26 días e interrogáronos sobre actividades de igualdade de xénero.
Purga dos servizos públicos de sanidade e educación
As purgas que comezaron primeiro cos medios de comunicación, xornalistas e académicos estendéronse aos funcionarios públicos que traballan principalmente nos servizos de educación e sanidade.
Máis de 100.000 traballadores dos servizos públicos foron despedidos ou suspendidos, principalmente nos departamentos de sanidade, educación e xustiza. Os traballadores rasos están sendo sancionados simplemente en base a súa orixe étnica e ás súas opinións políticas. Estase destruíndo o sustento de centos de milleiros de traballadores e das súas familias sen ningunha proba.
Esta purga masiva no sector público ten un impacto directo na vida das mulleres de dúas maneiras:
1.     As mulleres vense afectadas de forma directa polos despedimentos e suspensións, xa que traballan principalmente nos sectores de sanidade e educación, onde se están facendo purgas agora.
2.     As mulleres vense afectadas de forma indirecta, xa que fan uso das prestacións dos servizos que prestan os traballadores de sanidade e de educación.
Suspensión arbitraria das actividades das ONG
O 11 de novembro, o Ministerio do Interior anunciou a suspensión de 370 actividades de varias ONG en 39 provincias, de acordo coa Lei de estado de emerxencia. Dende o anuncio, pecháronse sen previo aviso as oficinas das asociacións de mulleres, que loitan contra todo tipo de violencia contra as mulleres e contra os matrimonios infantís.
Pecháronse as oficinas da Asociación de Avogados Progresistas (ÇHD) e da Asociación de Avogados pola Liberdade (ÖHD), que representan as vítimas da tortura e da discriminación. Ao mesmo tempo, a tortura e os malos tratos nas prisións intensifícase.
As mulleres e as súas organizacións son o principal obxectivo
Entre as ONG pechadas atópanse o KJA (Congreso de Mulleres Libres) e a Rainbow Women’s Association, grupos que participan activamente na MMM. VAKAD (Van Women’s Association), Selis Women’s Association, Mu? Women’s Roof, Bursa Panay?r Women’s Solidarity Association, Ad?yaman Women’s Life Association e Ceren Women’s Associations son organizacións feministas coñecidas e comprometidas coa loita contra a discriminación de xénero e contra a violencia sexual.
A suspensión das actividades das organizacións de mulleres é un ataque directo ás loitas das mulleres contra a violencia e amosa a vontade de destruír a organización do poder das mulleres./p>
Todas estas suspensións arbitrarias violan os dereitos á liberdade de expresión e de asociación, garantidos polas convencións internacionais ratificadas por Turquía. O estado de emerxencia anula as obrigas de Turquía con respecto ao dereito internacional e anula a liberdade e os dereitos que as mulleres obtiveron a través de duras loitas.
Como MMM facemos un chamamento a todas as mulleres para que amosen a maior solidariedade e sororidade posible, contra este réxime turco masculino, coercitivo, opresivo e horrible.
Pedímoslle ás mulleres da MMM que se mobilicen para:
·         Organizar mulleres e homes nas súas organizacións e coordinadoras locais.
·         Activar grupos de presión internacionais a través de instrumentos internacionais como Mulleres da ONU, o Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (CEDAW), o Lobby Europeo de Mulleres etc., así como os nosos movementos aliados e centros sindicais.
·         Organizar delegacións internacionais para visitar mulleres presas e organizacións de mulleres pechadas de forma ilegal.
·         Organizar calquera acción de rúa ou virtual empregando todas as ferramentas de comunicación dispoñibles.
·         Inventar calquera acción posible para visibilizar a inxustiza e as accións criminais do goberno turco, así como a ameaza do desenvolvemento da extrema dereita en Europa.
·         Amosar as resistencias e alternativas que as mulleres kurdas e turcas están organizando.
·         Facer presión nos nosos propios gobernos en Europa para que actúen política e economicamente contra as políticas de Erdogan.
Apelamos ao goberno turco a que:
·         Libere e reincorpore os alcades electos de forma democrática e a todos os presos políticos detidos de forma ilegal debido ás súas opinións.
·         Levante as suspensións arbitrarias impostas ás actividades das ONG.
·         Respecte os valores democráticos e a liberdade sindical establecidos nos convenios da OIT, así como noutras cartas europeas e internacionais.
·         Respecte e protexa os dereitos e liberdades, e poña fin de forma inmediata ao estado de emerxencia e aos decretos executivos empregados como ferramenta de represión dos movementos.
Facemos un chamamento urxente á vosa solidariedade!
Seguiremos marchando ata que todas as mulleres sexamos libres!

-- 
'As mulleres decidimos'
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

CONVOCATORIAS PARA O 25N


Xa podedes anotarvos na saída cultural 2016!


Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro en Silleda, fervenza do río Toxa,
castros de Toiriz, Fundación Xosé Neira Vilas, taller de zocos de Elena Ferro.
Saída desde o concello, á hora e no lugar acordados coa asociación beneficiaria
do programa “En ruta coa Depo”.

10:00 h. Visita ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Este mosteiro
beneditino álzase ao abrigo de Coto Costoia, á beira do río Deza, e é
un dos monumentos arquitectónicos máis importantes da provincia
de Pontevedra. Xoia do románico galego oxival, foi fundado no ano
939 polos condes don Gonzalo e dona Teresa. A finais do século X foi
destruído e volto a consagrar. O seu apoxeo remóntase aos séculos
XI e XII, xa que a data 1171 figura nunha inscrición latina no interior da
igrexa, proxectado polo abade Fernando e os seus monxes.

11:30 h. Fervenza do río Toxa. Este salto de auga de 30 metros, un dos máis
altos e famosos de Galicia, está situado na localidade pontevedresa
de Silleda. A fervenza en si é un impresionante espectáculo natural,
pero tamén destaca pola paisaxe que a rodea, un frondoso bosque de
carballos, castiñeiros e outras especies autóctonas.

14:00 h. Comida no restaurante e co menú acordados coa asociación
beneficiaria.

16:00 h. Paseo pola área dos castros de Toiriz. Nela atópase un dos 22
poboados castrexos dos que se teñen constancia no municipio de
Silleda. Ocupa un montículo denominado monte dos Castros, que
se eleva 477 metros sobre o mar. Ten forma circular e nel aprécianse
claramente as súas murallas e terrapléns defensivos, que forman dous
recintos que cobren unha superficie de dúas hectáreas. A economía
do castro era fundamentalmente agropecuaria e a súa alimentación
baseábase no cultivo de trigo, millo, cebada e avea e na gandería de
vacas, ovellas, cabras e porcos.

17:00 h. Visita á Fundación Xosé Neira Vilas. A sede da Fundación sitúase na
casa onde naceu o escritor, que foi doada á Xunta de Galicia para a
súa restauración e para a instalación dunha biblioteca pública. Nesa
antiga casa atópase na actualidade, ademais da biblioteca, un museo
etnográfico.

18:30 h. Taller de zocos de Elena Ferro, que pertence á terceira xeración de
zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa
elaboración dos zocos, Elena e a súa familia manteñen vivo un oficio
tradicional en extinción.
Descanso para unha pequena merenda que inclúe auga e un aperitivo.
Unha vez finalizada a visita regresarase ao concello de orixe.

O acusado de matar a súa parella en Vigo no ano 2015 confesa o crime

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/11/09/acusado-crimen-machista-lopez-neira/1566904.html

Reformas legais para mellorar na protección


"Trátase de romper o silencio das vítimas informándolles e asistíndoas dende o primer momento e axudándoas, acompañándoas, protexéndoas e garantizándolles unha axuda integral."

"Proponse a eliminación do atenuante de confesión para os crimes incluídos no ámbito da violencia contra a muller. É dicir, que o feito de que o agresor admita ante o xuíz ser o autor do crime de maltrato non signifique para el ningún tipo de beneficio á hora de imporlle a pena."


"Abordouse tamén a necesidade de eliminar a dispensa da obriga de declarar contra o marido ou parella sentimental nos casos de abusos."

Grazas pola vosa asistencia


Grazas a todas e todos por acompañarnos na concentración que realizamos todos os xoves últimos de mes.

Deteñen ao ex mozo dunha muller desaparecida fai dúas semanas en Gran Canaria

http://www.lavanguardia.com/local/canarias/20160906/41136674002/detienen-al-exnovio-de-una-desaparecida-hace-dos-semanas-en-gran-canaria.html

As denuncias falsas son un mito; en 2015, a Fiscalía só constatou 0,0015% de denuncias falsas.

A memoria da Fiscalía revela que en 2015 houbo 129.292 denuncias por violencia de xénero. A propia Fiscalía admite que hai xuíces e xuízas que non consideran a violencia de xénero como tal. Coma sempre, temos que insistir na necesidade de formación en xénero para todo o persoal do ámbito xudicial.



http://www.eldiario.es/sociedad/falso-denuncias-falsas-violencia-genero_0_556095013.html

O veciño de A Baña acusado de violar a súa filla e as tres fillastras, foi xulgado hoxe na Coruña

O noso apoio as víctimas: a súa ex muller e as súas fillas, víctimas de violencia física e abusos sexuais continuados. Ademáis, elas enfróntanse á perda da súa casa, por iso a asociación Stop Desafiuzamentos de Compostela está tamén apoiando o caso.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2016/09/06/vecino-bana-acusado-violar-hija-tres-hijastras-niega/00031473173866762202230.htm

Desde a Rede queremos mostrar o noso apoio a Patricia e as súas fillas ante o xuízo que teñen na Coruña, logo de sufrir malos tratos e agresións sexuais continuadas

A Rede apoia a Patricia, víctima de violencia, e as súas fillas, agredidas sexualmente, no xuízo contra o maltratador. A asociación Stop Desafiuzamentos de Compostela está a organizar una concentración que queremos darlle a máxima difusión.

Presentamos abaixo o escrito de Stop Desafiuzamentos explicando o caso:



As mulleres peruanas fan fronte á violencia de xénero





As mulleres peruanas saen á rúa coa campaña "Ni una menos", tras os dous brutais casos de violencia de xénero acontecidos no país. Dúas mulleres agredidas polas súas parellas e humilladas despois polo sistema xudicial que deixo libre aos agresores e únicamente lles prohíbe sair do país.


http://elpais.com/elpais/2016/08/24/planeta_futuro/1472031839_042976.html

A coordinadora da Rede Rosa Fontaíña entrevistada en A Revista, na TVG

A violencia de xénero a debate no programa "A Revista". Falamos de cómo os valores machistas están detrás da violencia de xénero, e da necesidade da educación en igualdade entre mozos e mozas.


Podedes ver a entrevista a partir do minuto 24, no seguinte enlace:


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-2299335

O Fiscal recorrerá o arquivo da denuncia polos insultos machistas a Carmela Silva

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/07/28/fiscal-recurrira-archivo-denuncia-insultos/1506013.html

O fiscal recorrerá o auto que arquivou a denuncia. Desexamos que se faga xustiza e se entenda que os insultos machistas son unha forma de violencia de xénero. Ademáis, resulta paradóxico que fora o concelleiro de igualdade quen dixo estes insultos; non sabemos qué tipo de políticas farían no concello de Moraña. Debemos seguir insistindo en que a formación en xénero e igualdade é imprescindible para traballar nestes ámbitos. Esperemos que esta vez a mensaxe que se envíe á sociedade sexa que os insultos machistas son unha forma de violencia de xénero.

Xa podedes reservar a vosa praza no próximo Obradoiro de Autoestima de Setembro!

Chamade para reservar a vosa praza no próximo Obradoiro Autoestima e Comunicación en Igualdade que comeza en setembro


Un ex garda civil suicídase tras matar a dous familiares da súa muller na súa propia voda

http://www.elmundo.es/sociedad/2016/07/27/579897d4ca4741090e8b46b6.html

Un home asasina á súa parella e fere co mesmo coitelo aos seus dous fillos en Benicàssim


http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/21/hombre-asesina-pareja-e-hiere/1501945.html

A Deputación recorrerá o caso contra o exedil de Moraña que insultou a Carmela Silva


http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/07/21/diputacion-recurrira-caso-edil-morana/1502321.html

Detido un menor en Vigo por ferir a unha moza nunha discusión


http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/07/21/detenido-menor-vigo-herir-joven/1502279.html

Xulgan a un pai por abusar, violar e atar á súa filla dende os 5 aos 10 anos

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/21/juzgan-padre-abusar-violar-atar/1502330.html

A Garda Civil suspende a un sarxento por abusar dunha axente

http://www.farodevigo.es/sociedad/2016/07/20/suspenden-sargento-guardia-civil-acusado/1501706.html

Doce anos de cárcere por intentar queimar unha casa coa súa muller e os seus sogros dentro en Sada

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/07/doce-anos-carcel-quemar-casa/1493890.html

Cinco detidos en Pamplona por unha agresión sexual

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/07/cinco-detenidos-agresion-sexual-san/1494322.html

A pesar dos esforzos do concello por previr a violencia sexual machista, de novo, nos atopamos cun caso de agresión sexual a unha muller de 18 anos en Pamplona. Cremos que estes casos que saen á luz son só a punta do iceberg: se estima que só se denuncia un caso por cada 10 casos de agresión sexual. Temos moito traballo por diante.

Neste caso, a muller de 18 anos, logo da agresión, foi atopada por varias persoas que a acompañaron á comisaría a interpoñer a denuncia: é imprescindible a colaboración de toda a cidadanía para non ser cómplices das agresións, e actuar perante estas situacións.

Unha nena de 9 anos grava ó seu pai para probar os abusos que viña sufrindo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/06/nina-9-anos-graba-padre/1493513.html

Unha nena de 9 anos grava ao seu pai para probar que abusaba dela. A nena xa denunciara ao seu pai fai 2 anos, pero o perito que a examinou non a creu: non deu lexitimidade ao seu testimonio. Desde a Rede esiximos unha maior credibilidade no testimonio de nenos e nenas, e unha formación en xénero dos e das peritos que traballan nas avaliacións no ámbito xudicial. Estamos a falar de poboación moi vulnerable, e a miúdo non se poñen os medios adecuados para que nenos e nenas se expresen adecuadamente e sexan escoitados/as.

A moza de Narón agredida cun martelo pola súa parella recibe o alta

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/05/joven-naron-agredida-martillo-pareja/1492926.html

Orde de afastamento para o mozo de Ferrol que golpeou á súa noiva cun martelo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/05/orden-alejamiento-joven-ferrol-golpeo/1492637.html

A defensa do asasino de Lupe Jiménez alega arrebato para rebaixar a pena

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/05/defensa-asesino-lupe-jimenez-alega/1492969.html

O fiscal pide 2 anos para un acusado de golpear e empuxar á súa muller embarazada

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/06/30/fiscal-pide-2-anos-acusado/1489819.html

Rescatan en Alicante a unha moza vendida hai 6 anos para prostituíla

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/06/30/rescatan-alicante-joven-vendida-6/1490075.html

A xuíza de Violencia avisa da "alarmante gravidade" de moitas denuncias de malos tratos

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/07/01/juez-violencia-avisa-alarmante-gravedad/1490560.html

Deteñen a un vigués por ameazar e insultar á súa parella en presenza dos seus fillos menores

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/07/01/detienen-vigues-amenazar-e-insultar/1490925.html

Un neno grava ó noivo da súa nai cando abusaba da súa irmá na Gomera

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/06/30/nino-graba-novio-madre-abusaba/1490235.html

Xulgan a un vigués por ir felicitar á sua ex a casa e enfrontarse a navalladas á súa familia

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/01/juzgan-vigues-felicitar-ex-casa/1490530.html

Concentración contra a violencia de xénero

A denuncia pública, das 47 mulleres asasinadas e fundamental para a reación da cidadanía sobre as mulleres que están diante do perigo. Sobre todo para que as persoas deixen de censurar ás mulleres cando tardan tanto tempo en reacionar. Teremos que facer un exercicio mental e pensar que non somos tan diferentes como nos parece. Que para ser maltratada somentes se ten que cruzar no noso camiño un maltratador.

O coruñés que intentou queimar a casa coa súa muller e os seus sogros dentro: "Non recorda nada"

http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/06/28/corunes-quemar-casa-mujer-suegros/1488476.html