Concentracións en contra do asasinato machista en Vigo



Convócanse para mañá dia 8 concentracións de repulsa nas 7 cidades galegas. Serán as 20hr.

- A Coruña: Obelisco.
- Compostela: Porta do Camiño.
- Ferrol: Praza do Concello.
- Lugo: Praza do Concello.
- Ourense: Castañeira (Subdelegación do Goberno).
- Pontevedra: Praza 8 de Marzo.
- Vigo: diante do Marco.




CONCENTRACIÓN DE REPULSA POR UN NOVO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA

Onte en Vigo foi asasinada unha muller pola súa parella. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista, que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O MARTES 8 ÁS 20H DIANTE DO MARCO.



Un home asasina a súa parella no piso dela en Vigo e despois entrégase a policía

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2015/09/07/fallece-mujer-violencia-machista-vigo/0003_2015091441577280272913.htm