CONCENTRACIÓN DE REPULSA POR UN NOVO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA

Onte en Vigo foi asasinada unha muller pola súa parella. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista, que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O MARTES 8 ÁS 20H DIANTE DO MARCO.



No hay comentarios:

Publicar un comentario