Medidas para que a poboación infantil poida sair á rúa durante a crise sanitaria

 Publicada no BOE a Orde SND/370/2020, de 25 de abril, sobre as condicións nas que se deben desenvolver os desprazamentos da poboación infantial durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

- As nenas e nenos menores de 14 anos, acompañados por unha persoa adulta responsable, poderán circular polas vías e espazos públicos.

-Máximo 3 crianzas e unha persoa adulta.

-Se van acompañadas de persoa distinta dos proxenitores/as, tutores, acolledoras ou gardadoras, precisarán dunha autorización previa destes.

- Circulación permitida para un paseo diario de máximo unha hora.

-Distancia máxima 1km do domicilio.

- Dentro do horario de 9:00 a 21:00.

- Non permitido a crianzas que presenten síntomas ou se atopen en cuarentena polo COVID-19.

- Non permitido acudir a espazos recreativos ou parque infantís.

- Manter a distancia  interpersoal de 2 metros con outras persoas e as medidas hixénicas establecidades polas autoridades sanitarias.

-Vixencia: dende ás 00:00 do 26 de abril ata que dure o estado de alarma ou as súas posibles prórrogas.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2020-4665#top