As polémicas declaracións do deseñador Karl Lagerfeld que calificou ás modelos de "estúpidas", "tóxicas" e "criaturas sórdidas", e apuntaba sobre o movemento #MeToo que "O que máis me impacta de todo isto son as estrelas que tardaron 20 anos en lembrar o que sucedeu. Por non mencionar o feito de que non hai testemuñas de cargo" supón de novo a culpabilización das mulleres en actos sexistas. Desvalorizar unha vez máis tanto o corpo das mulleres e a súa libre elección de mostrar o que queiran así como de xulgar as agresións sufridas en diversas ocasións e que marcaron a industria da moda e o cinema.
https://www.infobae.com/america/entretenimiento/2018/04/19/karl-lagerfeld-si-no-quieres-que-te-bajen-los-pantalones-no-te-hagas-modelo/
OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E XESTIÓN EMOCIONAL
En maio comezamos un novo obradoiro de "Autoestima e Xestión Emocional" organizado pola Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo.
XX Xornadas de formación en violencia de xénero
Aberto prazo de inscrición nos teléfonos: 986 222 328 e 670 453 431
e no local da Rede, rúa Oliva 12, 2º Pl, Vigo en horario 10:00 - 13:30 e 17:30 - 21:00
Nova Páxina de Facebook
Presentámosvos a nova páxina de Facebook onde compartiremos a info e todas as nosas actividades.
Pinchando no enlace e despois dándolle a "Me gusta" xa estamos unidas para compartir a información e as nosas actividades.
https://www.facebook.com/Rede-de-Mulleres-Veci%C3%B1as-Contra-os-Malos-Tratos-de-Vigo-162848901086321/
Pinchando no enlace e despois dándolle a "Me gusta" xa estamos unidas para compartir a información e as nosas actividades.
https://www.facebook.com/Rede-de-Mulleres-Veci%C3%B1as-Contra-os-Malos-Tratos-de-Vigo-162848901086321/
XX Xornadas de Formación en Violencia de Xénero
Informamos que xa está aberto o prazo de
inscrición para as XX Xornadas de Formación en Violencia de Xénero que vimos
impartindo tódos os anos. Adicado a coñercer a labor que realizan as/os
diferentes profesionais que atenden ás mulleres que sufren a violencia de
xénero.
Impartirase a formación en dous ciclos, o
primeiro ciclo os días 3, 4 e 5 de Abril e o segundo ciclo os días 10, 11, 12 e
13 de Abril para os acompañamentos nos casos de violencia de xénero.
Máis info nos teléfonos: 986 222 328 e 670 453
431.
Un xuiz revoca un despido por ser vítima de violencia de xénero
A muller despois de avisar coa antelación necesaria, encontrou unha carta de despido por baixo rendemento, constituíndo este feito unha discriminación recoñecida na sentenza polo feito de ser muller e ter que acudir a un xuicio por violencia machista, para evitar así os posibles problemas que para o empresario puidesen derivarse da situación.
https://elpais.com/economia/2018/02/01/actualidad/1517490269_394689.html
Denunciamos os servizos mínimos insuficientes pola folga indefinida na Administración de Xustiza de Galicia
Na publicación de hoxe do DOGA atopámonos os servizos mínimos que se establecen para o Xulgado de Violencia sobre a Muller:
Xulgados exclusivos
de violencia sobre a muller.
– 1 xestor, 1 tramitador e 1 auxilio.
Xustificación. Fundaméntase na necesidade de atender,
entre outras, as seguintes cuestións: actuacións nas que venza un prazo
preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de
dereitos aos cidadáns, adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes
en materia de familia ou de violencia sobre a muller, ou causas con detido na
materia.
Respecto da xustificación da concreta dotación
de efectivos, ao igual que se motivou respecto dos xulgados do penal ou dos de
vixilancia penitenciaria, nos que a dotación de servizos mínimos tamén é
coincidente, e toda vez que estes xulgados especializados da orde penal
garanten bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento xurídico, o
número de efectivos fixados nestes xulgados apártase da regra xeral no tocante
aos funcionarios do corpo de xestión e tramitación, establecendo a necesidade
dun funcionario de cada un destes corpos. No tocante aos funcionarios de
auxilio xudicial, establécese un funcionario como servizo mínimo, toda vez que
non existe máis dun xulgado deste tipo na mesma localidade.
Dende a Asociación Rede de Mulleres creemos que os servizos mínimos establecidos para este Xulgado son insuficientes, o que producirán un retraso en todas a causas abertas e nas novas, isto é moi perxudicial para as mulleres xa que se dilataría o procedemento xudicial que, xa de por sí é longo, afectando negativamente no seu estado de ánimo, o que provocará que moitas mulleres non sigan adiante co proceso e así poder iniciar a súa recuperación integral. Creemos que non se está tendo en conta as necesidades das mulleres que sofren a violencia de xénero.
Obradoiro para nais e pais
O vindeiro 20 de febrero comezamos un novo obradoiro “Comunicación
no entorno familiar”, na asociación Rede
de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo.
Neste obradoiro falaremos das relacións entre pais/nais e
as súas crianzas nas diferentes etapas da súa vida. Trataremos temas diversos como
poden ser, entre outros, os estilos educativos de crianza, as normas, a
autoestima, solución de conflitos, xestión de ocio…
Esperamos que sexa do voso agrado.
Detido un membro dun clan ourensán sospeitoso de violar e reter a unha muller
O sospeitoso, con múltiples antecedentes, está detido por reter presuntamente a unha moza contra a súa vontade, vexala, maltratala e agredila sexualmente, segundo o seu relato. "Tíñaa semiesclavizada, apenas a deixaba mover e mesmo a obrigou a cortarse o pelo ao cero", describen fontes do caso.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2018/01/29/detenido-miembro-clan-ourensano-sospechoso/1828174.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2018/01/29/detenido-miembro-clan-ourensano-sospechoso/1828174.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)