A Asociación Rede de Mulleres contra os malos
tratos de Vigo , estamos organizando unha xornada que se celebrará na Residencia de Tempo Libre de Panxón
(Nigrán) durante os días 14, 15 e 16
de setembro de 2018.
Dende hai anos vimos
realizando xornadas que nos dan a posibilidade de manternos en contacto co
resto de organizacións de mulleres de toda Galicia, fortalecernos e abrir novos
camiños de colaboración, tan necesarios neste momento.
Programa VIII Encontro Nacional de Mulleres
Panxón 14/15/16 de setembro 2018
Venres 14 de setembro:
o Chegada
a Residencia de Panxón ás 16h.
o 17.30h.
Presentación das actividades e inauguración a cargo de Dona Susana López
Abella, Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, acompañada de Dona
Marta Iglesias Pombo, Xefa Territorial de Política Social da Xunta de Galicia,
en Vigo.
o Actividades
lúdicas relacionadas coas xornadas, coa finalidade de crear un clima de
coñecemento e confianza entre as persoas asistentes.
Sábado
15 de setembro:
10:00-10:15: Presentación das xornadas:
10:15-11:15: Lola Ferreiro Díaz
(Médica feminista galega)
“Cómo
se exerce a violencia na actualidade? Unha análise da situación real”.
11:15-11:45: Debate
11:45-12:00: Descanso/Café
12.00-13:00: Rosa Arcos Caamaño
(Presidenta da Federación de Asociacións de
Mulleres Rurais - Fademur Galicia)
“A
violencia invisibilizada no rural”.
13.00-13.30 – Debate.
16:15 – Distribución dos obradoiros.
16.30 – 19.30 - Obradoiros:
1. Arogalegas:
“Discriminación por raza no movemento feminista”
Aínda que é certo
que o feminismo xurdiu como un movemento común de loita pola liberación das
mulleres e tamén das persoas negras, este seguiu posteriormente un desenvolvemento
que tivo como protagonistas ás mulleres brancas, máis especificamente, ás
mulleres brancas de clase media. O abolicionismo e o sufraxismo son, desde moi
pronto, movementos que tenden frecuentemente ao desencontro, pois as mulleres
negras senten como a palabra “xénero” se observa desde unha perspectiva
excluínte desde o feminismo, obviando as diferenzas entre as propias mulleres,
sentíndose excluídas e marxinadas. Ten como obxectivo analizar e discutir coas
participantes temas de raza, xénero, diversidade, e interculturalidade dentro
do movemento feminista branco. O obradoiro realizará unha pequena introdución
ao feminismo negro e traballará sobre a posibilidade de construír alianzas non
excluíntes dentro dos feminismos.
2.
Tareixa Ledo Regal: “Como negociar na parella…e no resto das relacións...”
Cando sinto que se
meten no meu espazo, cando me sinto invadida, cando algo me fai sentir mal é
que eu non o negociei. Axuda falar claro sobre que quero eu e que queres ti…
porque se non acordamos, “contratamos” cousas diferentes ou negociamos en falso
para que non haxa conflito…Que é o que queremos compartir? Que é o que non
queremos compartir? Se isto está claro, non hai conflito. Imos ver ferramentas
para aprender a negociar e contratar con claridade coa parella ou con calquera
outra persoa da nosa vida (nai/pai, filla/o, amigas/os...).
3.
Iria Cacheiro Paradelo: “Danza libre e conciencia corporal”
Coa danza libre
buscamos a conexión co noso propio corpo e as nosas emocións a través do
movemento. O traballo vaise guiando con pautas de improvisación, para ir entrando
en contacto co noso universo emocional dándolle unha saída expresiva.
Danzamos dende un
total respeto ó noso corpo, buscando conectar coas súas necesidades. Partimos
do movemento orgánico e natural, pasando por soltar o corpo nunha danza de liberación e chegamos ó noso
propio movemento conectadas con nos mesmas, nun proceso creativo no que cada
unha crea a su propia danza, a que necesita nese momento.
20.30–
Peche das xornadas.
Domingo
16 de setembro:
Visita guiada para
coñecer o castro de Santa Tegra e o seu entorno (Museo arqueolóxico, etc.) no
Concello de A Guarda. Xantaremos de novo na Residencia de Tempo Libre de Panxón
e daremos por rematado o encontro.
Agardamos contar con todas vós, xa que crear lazos
de sororidade é fundamental neste momento no que os dereitos fundamentais,
conseguidos ata o de agora, penden dun fío ante as medidas sociais que se están
a levar a cabo. Debemos seguir o camiño cara unha sociedade en igualdade, poñendo
en valor todo o esforzo e o traballo feito polos movementos sociais ata o de
agora e participando en espazos coma este encontro, no que poderemos crear
novas formas de participación entre todas e novas estratexias contra a
violencia de xénero.
O custo da inscrición é de 10 euros a abonar no
momento de anotarse.
As mulleres ou organizacións que participen de Vigo
e a súa contorna, deben inscribirse nas oficinas da Rede, salvo xustificación
de non poderen acudir.
As mulleres ou organizacións de fóra poden
solicitar á Rede o número de conta da Asociación para facer o ingreso.
O horario de solicitudes é de 10h. a 13, 30h. e de
17, 30h. a 20,30h. de luns a venres (o venres só en horario de mañá).
Os teléfonos de contacto, para máis información, 986 222 328 / 670 45 34 31, no correo, redemediadorasvigo@hotmail.com ou consultando o blog rededemulleres.blogspot.com.
As prazas son limitadas, recolleranse solicitudes ata completar aforo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario