ABRINDO NOVOS CAMIÑOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Reflexións sobre as distintas formas de violencia de
xénero, debate entre os colectivos que traballan no eido da igualdade sobre
metodoloxías empregadas, liñas transversais das intervencións e temas fundamentais
de cara o futuro. Queremos fomentar o coñecemento mutuo e o traballo conxunto
das organizacións con obxectivos comúns de cara a acadar a igualdade real entre
mulleres e homes e minimizar os efectos da violencia.
PROGRAMA
XOVES 7 DE XUÑO
DE 2018:
·
10:00-13:00 - MESA REDONDA: Diferentes intervencións ante a violencia de
xénero:
“Violencia contra as mulleres con discapacidade: ver e recoñecer os sinais”
- Ainhoa López González: Traballadora social na
Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR.
Graduada en Traballo social pola Universidade
de Santiago de Compostela e con Máster en cooperación ao desenvolvemento,
Xestión públiva e das ONGD´S. Traballa como técnica na Asociación de mulleres
con discapacidade de Galicia, ACADAR. Realizou formación complementaria básica
en materias de dereito internacional, habilidades de comunicación, saúde e
voluntariado.
A ponencia centrarase no
caderno artístico e didáctico “Violencia contra as mulleres con discapacidade:
ver e recoñecer os sinais”. Editado por ACADAR no ano 2015, esta guía é
pioneira ao ofrecer material que permite coñecer, detectar e abordar distintas
situación de vulnerabilidade que viven as mulleres con discapacidade, guiándoas
cara ao empoderamento. Esta guía editouse coa finalidade de ser un recurso que
permitirá as persoas profesionais e a sociedade en xeral, recoñecer as
diferentes situacións e tipos de violencia nas que se poden atopar as mulleres.
“O ocio como intervención en violencia de xénero”
-
Tania
Merelas: Educadora social,
formadora especializada en igualdade de xénero e violencias machistas.
É doutora en Ciencias da Educación e experta en Xénero e Políticas Públicas
de Igualdade. Posúe experiencia docente en formación profesional na familia de
servizos á comunidade e é integrante do grupo Fiadeiras –especializado en
igualdade de xénero– do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Partindo do traballo recollido no libro "Comezar desde cero: voces de
mulleres recuperando as súas vidas", realiza unha aproximación aos
procesos de recuperacións das mulleres en situación de violencia machista no
contexto de parella, poñendo o foco de atención dos tempos propios e de lecer
como escenarios de resistencia e transformación persoal. Achegarémonos ao lecer
como dimensión humana relacionada co benestar e coa calidade de vida,
recoñecéndoo como un dereito fundamental.
“Islamofobia”
-
Mina Shayan: Investigadora de xénero na Universidade de Vigo.
Investigadora de xénero na Universidade de Vigo. Licenciada en Filoloxía
Hispánica, profesora de lingua e cultura persa e posgrado en estudos de
xénero. Mina Shayan naceu en Tabriz
(Irán), unha zona montañosa pegada ao Mar Caspio onde a lingua materna é o
azerí. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Azad de Teherán e,
ademais de persa e español, domina o árabe, o inglés e o turco. Chegou a Vigo
en 2008 para especializarse en temas de xénero e, sen dubidalo, aprendeu pronto
o galego.
A ponencia tratará sobre o sentimiento de hostilidade cara ó islam e, por
extensión, cara ós musulmáns, tratado dende unha perspectiva de xénero.
·
17.00 – 20.30 - PONENCIAS:
“Mozas que rompen coa relación violenta: puntos fortes”.
– Ana Sieiro Moral: Licenciada en Psicoloxía. Experta en malos tratos e violencia de xénero.
Licenciada
en Bioloxía e en Psicoloxía. Educadora social. Diplomada en traumaterapia
infantil sistémica polo Instituto Exil de Barcelona. Experta en malos tratos e
violencia de xénero. 25 anos traballando en temas relacionados coa infancia e
mocidade en situación de risco en distintas entidades relacionadas coa
protección á infancia en toda Galicia. Terapeuta acreditada para o Programa de
Atención a Persoas Vítimas de Violencia de Xénero e tamén para o programa
Abramos o círculo dende o ano 2012. Directora de Achega, centro de psicoloxía e
logopedia.
A ponencia
tratará sobre o rol que asumen as mozas para sair das relacións violentas e
seguir adiante.
“Masculinidades tóxicas e a súa relación coa violencia de xénero”
- Roberto Sanz Martín. Psicólogo, sexólogo e
coordinador de formación en SEXPOL
Psicólogo e
Máster en Sexología pola Fundación SEXPOL. Máster en Psicoloxía e Xestión
Familiar. Técnico Superior en Igualdade de Xénero. Membro fundador de AHIGE
Madrid. Terapeuta, docente e Coordinador de formación en SEXPOL.
A ponencia
tratará sobre a masculinidad tradicional, a única ata agora, esta centrada no
poder, como ferramenta e como obxectivo. Gran parte dese poder susténtase na
súa propia existencia, grazas ao patriarcado, pero exércese de moitas formas
diferentes, visibles e invisibles, visibilizadas e invisibilizadas. en cuestión
de relacións sentimentais ou de parella, case a gran maioría de
características, actitudes, formas, ferramentas e estruturas propias desta
masculinidad xeran e manteñen relacións asimétricas, de poder, tóxicas. isto
configura a estrutura onde montar toda violencia de xénero.