FORMACIÓN PARA A BUSCA DE EMPREGO


















FORMACIÓN GRATUITA PARA A BUSCA DE EMPREGO
E ORIENTACIÓN LABORAL
PARA MULLERES

OBXECTIVOS:

*   Descubrir os nosos recursos persoais de cara á procura de emprego.
*   Descubrir que as nosas experiencias vitais póñennos en funcionamento moitas habilidades que son útiles para desempeñar moitos postos de traballo.
*   Aportar ferramentas que nos sirvan para o proceso de procura de emprego a corto prazo e sobre todo a longo prazo.
*   Definir o noso perfil profesional.


A FORMACIÓN LEVARASE A CABO A TRAVÉS DOS SEGUINTES CURSOS:


1.- CURSO BÁSICO PARA A BUSCA DE EMPREGO

PROGRAMA:

Módulo 1.-
Acceso ó emprego.
- Coñecementos do mercado laboral
- Métodos de procura de emprego.
- As ferramentas: A carta de presentación, O curriculum efectivo.
- Superar os procesos de selección.

Módulo 2.- O que debemos saber cando iniciamos unha relación laboral.
-       Dereitos laborais
-       Nóminas
-       Traballo en equipo
-       Políticas de igualdade e medidas de acción positiva.

Módulo 3.-
1.- AUTOESTIMA

 2.- XÉNERO
As mulleres temos especiais dificultades á hora de atopar traballo? ¿A qué se debe isto?

Contidos:
1.    Sistema Sexo-xénero, Proceso de Socialización, Roles e estereotipos asignados a homes e mulleres.

2.    Evidencias das discriminacións no mercado laboral: segregación vertical, horizontal, teito de cristal...
CALENDARIO

DATAS: do 8/10/2012 ata o 26/10/2012.
HORARIO: 10.00 – 13.30 de luns a venres.



2.- CURSOS AVANZADOS NA BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS DA WEB 2.0 (REDES SOCIAIS)

Obxectivos do curso:

Cada alumna aprenderá a:

ü  Mostrarse como a candidata ideal para o posto.
ü  Manexar as ferramentas e aplicacións da web 2.0 existentes para a procura de emprego.
ü  Deseñar e xestionar a súa marca persoal en Facebook, Twitter, LinkedIn e outras redes sociais.
ü  Planificar as estratexias necesarias a desenvolver para ter éxito nelas.
ü  Coidar adecuadamente a súa identidade dixital.
ü  Realizar networking efectivo para a procura de emprego.
ü  Monitorizar a súa reputación online.
ü  Prepararse para unha entrevista de traballo 


PROGRAMA:

Modulo 1.
        Saber venderse
       Fixando Obxectivos. O noso Proxecto Profesional
       O autocoñecemento. ¿Como son?.

Módulo 2.
       A identidade dixital e a reputación online
       A marca persoal

Módulo 3.  Un Currículo Vitae 2.0 efectivo. O videocurriculum

Módulo 4. Portais 2.0 para a procura de emprego

Módulo 5. Redes sociais xeneralistas enfocadas á procura de emprego: Twitter, Facebook, Tuenti, Google +, Multimedia Sharing.

Módulo 6.
Redes sociais profesionais para a procura de emprego:Linkedin, Xing, Video, Redes profesionais de sectores específicos.

Módulo 7. Ferramentas para a xestión integrada de redes sociais e monitorización da identidade dixital

Módulo 8. A entrevista de traballo

CALENDARIO

DATAS: do 29/10/2012 ata o 9 /11/2012
HORARIO: 10.00 – 13.30 de Luns a venres.


3.- METODOLOXÍA DOS CURSOS

Activa e participativa coa utilización de medios audiovisuais e actividades prácticas de reflexión e debate.


4.- EQUIPO DOCENTE

Persoal técnico con experiencia en xénero e orientación laboral.

Responsable: Eva Ventín Lorenzo – Diplomada en relacións laborais






Tel. de inscrición e información 986 22 23 28 – 670 453 431

redemediadorasvigo@hotmail.com

*podedes solicitar canguro para a realización do curso de forma gratuita





NOVA RÚA NA CIDADE DE VIGO