Podedes escoitar a entrevista á Coordinadora da Rede de mulleres

Rosa Fontaíña, coordinadora da Rede, no programa de Radio "Vigo en la Onda". Podedes escoitalo no seguinte enlace:

http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/vigo/vigo/vigo-en-la-onda10112015_201511105641f8a76584a808255a2a12.html

A xuíza de violencia reclama máis medios para que Vigo sexa "pioneira" na loitra contra o maltrato

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/11/12/juez-violencia-reclama-medios-vigo/1349098.html

A maxistrada pide ao concello máis axudas socioeconómicas e máis psicólogas/os no centro municipal. O encontro tamén tratou a falla de policías nacionais no SAF.

O asasino de Llíria matou a súa parella cando ía devolverlle o seu fillo

http://www.levante-emv.com/sucesos/2015/11/09/asesino-lliria-mato-expareja-iba/1339244.html

Asasina a súa muller cun disparo de escopeta e logo se suicida en Sevilla

http://eldia.es/agencias/8401835-VIOLENCIA-MACHISTA-Actualizacion-Mata-mujer-disparo-escopeta-luego-suicida-Sevilla

O asasino de Eva Blanco tenta suicidarse no cárcere

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/10/07/asesino-eva-blanco-acepta-extraditado/1327333.html

O home que matou a súa parella en Vigo embalou o corpo para un posible traslado


http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/10/08/hombre-mato-pareja-vigo-embalo/1327675.html

Suspendido un policía por gravar a compañeiras no vestiario


http://www.farodevigo.es/espana/2015/10/08/suspendido-policia-grabar-companeras-vestuario/1327974.html

Detido un octoxenario por saltarse a orde de afastamento da súa muller

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/10/08/detenido-octogenario-saltarse-orden-alejamiento/1327693.html

Os informes psicolóxicos sobre custodias nos xulgados de Familia demóranse ata 20 meses

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/10/08/informes-psicologicos-custodias-juzgados-familia/1327704.html

Guía para detectar a neomachistas

O machista de toda a vida, agora se recicla en "neomachista" empregando novas estratexias para ir en contra da igualdade entre mulleres e homes.

Este artigo publicado en el diario.es é moi interesante:

http://www.eldiario.es/zonacritica/Guia-detectar-neomachistas_6_436816359.html

Obradoiros Concellería Igualdade Vigo: Risoterapia e igualdade

A Concellería de Igualdade lembra que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros gratuítos que se impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizaran con anterioridade esta formación

Inscrición previa ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h ou ben a través do tlfno 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.


Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA CALIDADE DE VIDA”

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: promover a mellora da saúde física, mental, emocional e social das mulleres a través da risa
Contidos:
- Sentido do humor: aspectos psicofisiolóxicos.
- Que me fai rir: risa activa, risa pasiva.
- Pensar en positivo: as miñas emocións.
- Respiración alegre: ximnasia da risa.

O desenvolvemento do programa constará de 20 horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.
Período e horarios:os martes desde o 6 de outubro ata o 15 de decembro, de 10:00 a 12:00 h.

Obradoiro:  “ A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES ”
Dirixido a homes e mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivos: Analizar a orixe e as consecuencias das desigualdades existentes entre homes e mulleres. Definir a autoestima e o atoconcepto, analizando como o xénero inflúe na formación do noso autoconcepto e interfire na autoestima das mulleres. Fomentar a Participación socio-política das mulleres: o empoderamento.
Contidos:

O sistema sexo-xénero e as súas consecuencias.
Autoestima e autoconcepto.
Empoderamento e participación cidadá. Técnicas para falar en público.

O desenvolvemento do programa consta de 20 horas en total, distribuídas en 8 sesións de 2,5 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os xoves desde o 8 de outubro ata o 26 de novembro, de 18:00h a 20:30 h.”

Agradecemos a difusión desta información entre as vosas amizades.

Saúdos,

--
Concellería de Igualdade
Concello de Vigo
Tlf. 986 810 284
Fax.986 430 082

www.igualdadevigo.org

Informamos de que a Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa Termalismo: Coidarte


Este programa ten por obxecto fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias. Neles poderán participar persoas pensionistas, solicitantes dun respiro familiar ou persoas nacidas antes de 1965.

Máis información en http://www.depo.es/


É un mito que en España non exista Feminicidio

Aproveitamos para recomendar este libro Feminicidio (Catarata, 2015).

Este libro pretende realizar un marco conceptual sobre o feminicio en Europa e en España. Os asasinatos de mulleres precisan unha categoría lingüística e política- xurídica nova.

Para ler máis: 

http://www.publico.es/sociedad/espana-mata-mujeres-mujeres-mito.html

Nova concentración contra a violencia de xénero o Xoves 24 Setembro no Marco

A Rede de Mulleres convoca a concentración o xoves días 24 diante do MARCO. No que vai de 2015, foron asasinadas 66 mulleres e criaturas. Tan só nos tres meses de verán foron asasinadas 38: en xuño 13, en xullo 14 e en agosto 11, entre elas 6 menores.

Feminicido, por qué agora?

O que non podemos nomear, non existe.

Para ler máis, en Sermos Galiza, por Carmen Adán:

http://www.sermosgaliza.gal/opinion/carme-adan/feminicidio-agora/20150916154600040774.html

Concentracións en contra do asasinato machista en Vigo



Convócanse para mañá dia 8 concentracións de repulsa nas 7 cidades galegas. Serán as 20hr.

- A Coruña: Obelisco.
- Compostela: Porta do Camiño.
- Ferrol: Praza do Concello.
- Lugo: Praza do Concello.
- Ourense: Castañeira (Subdelegación do Goberno).
- Pontevedra: Praza 8 de Marzo.
- Vigo: diante do Marco.




CONCENTRACIÓN DE REPULSA POR UN NOVO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA

Onte en Vigo foi asasinada unha muller pola súa parella. Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista, que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar este cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

O MARTES 8 ÁS 20H DIANTE DO MARCO.



Un home asasina a súa parella no piso dela en Vigo e despois entrégase a policía

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2015/09/07/fallece-mujer-violencia-machista-vigo/0003_2015091441577280272913.htm

Unha guía da Fundación de mulleres do PP di que ser promiscua aumenta o risco de sufrir maltrato


http://www.eldiario.es/sociedad/fundacion-PP-promiscuidad-relaciones-probabilidades_0_418908157.htm

O risco de ser unha muller maltratada depende da sociedade machista na que vivimos, e non de ter moitas ou poucas relacións. Hai expertas de xénero de sobra no estado español para que teñan que facer esta guía persoas que non son expertas no tema.

A violencia non depende delas, senon deles. A violencia non depende do comportamento das mulleres, senon dos homes.

Cae unha rede de proxenetas que captaba mozas en Romanía

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/24/cae-red-proxenetas-captaba-chicas/1301521.html

«Vai pasar uns anos no cárcere, e cando saia volverá facelo»

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/08/23/va-pasar-anos-carcel-salga-volvera-hacerlo/0003_201508G23P9992.htm

Ferida grave unha muller tras ser apuñalada polo seu fillo en Madrid

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/22/herida-grave-mujer-apunalada-hijo/1300401.html

Cárcere para un veciño de Mondariz Balneario por agresións sexuais a tres menores

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/22/carcel-vecino-mondariz-balneario-agresiones/1300405.html

Atopan en Huelva o cadáver semicalcinado dunha muller dentro dunha cuba de obras

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/24/hallan-huelva-cadaver-semicalcinado-mujer/1301314.html

Detido por intentar arroxar ao baleiro a súa exparella en Ibiza

http://www.farodevigo.es/espana/2015/08/20/detenido-arrojar-vacio-expareja-ibiza/1299558.html

O coche de Morate entrou en Rumanía sen matrícula

http://www.farodevigo.es/espana/2015/08/20/coche-morate-entro-rumania-matricula/1299542.html

Finaliza o ‘Obradoiro de radio en igualdade’, organizado polo proxecto CIDEC e a Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo

https://cidadaniaecomunicacion.wordpress.com/2015/08/19/finaliza-o-obradoiro-de-radio-en-igualdade-organizado-polo-proxecto-cidec-e-a-rede-de-mulleres-vecinais-contra-os-malos-tratos-de-vigo/

Cando as crianzas son instrumentos e vítimas da violencia machista




http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/cando-crianzas-son-vitimas-instrumentos-da-violencia-machista/20150803192352039715.html

Non deberían ver aos fillos/as, mais cando as denuncias por violencia machista chegan aos xulgados é moi habitual que se lle concedan visitas, quer vixiadas, quer sen vixianza, explica Rosa Fontaíña

Cómo deben informar as e os xornalistas sobre a violencia contra as mulleres na parella, sen caer en sensacionalismos

O 60% dos e das españolas considera pouco obxectivo e sensacionalista o tratamento que os medios de comunicación dan á violencia de xénero.


http://www.periodistadigital.com/periodismo/prensa/2011/01/19/como-deben-los-periodistas-informar-sobre-violencia-contra-la-mujer-en-las-relaciones-de-pareja.shtml


Rescatada unha pioneira do feminismo socialista: María Cambrils



Para saber máis: pikara magazine:

http://www.pikaramagazine.com/2015/07/maria-cambrils-pionera-del-feminismo-socialista/

Absoltos pais vigueses que incumpren o réxime de visitas a fillos e fillas grazas á reforma legal

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/arbo/2015/08/20/absueltos-padres-vigueses-incumplen-regimen-visitas-hijos-gracias-reforma-legal/0003_201508V20C6995.htm

O asasino dentro de min, artigo de Daniel D. García sobre a violencia machista

Os homes non deben ser indiferentes ante a violencia de xénero. Recomendamos este artigo de Daniel D. García sobre a violencia machista, sobre a banalización deste tipo de violencia.

"Empecemos por aceptar a evidencia. Vivimos unha ofensiva terrorista da sociedade patriarcal contra a emancipación das mulleres. Estamos en guerra"

http://praza.gal/opinion/2729/o-asasino-dentro-de-min/

Mata a súa exparella atropelándoa e intenta suicidarse

http://www.farodevigo.es/espana/2015/08/19/tira-tren-exmarido-mujer-arrollada/1298901.html


Xa vos podedes apuntar ao Obradoiro: Igualdade e Novos Feminismos para mulleres e homes


Traballaremos contidos como: A perspectiva da igualdade entre mulleres e homes; O concepto de xénero desde a antropoloxía; Achegamento aos novos feminismos: feminismo poscolonial; ecofeminismo e feminismo queer.


Un detido en Lugo por intercambio de pornografía infantil "de extrema dureza"

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/19/detenido-lugo-intercambio-pornografia-infantil/1298970.html

As doenzas sexuais repuntan en Galicia

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/08/19/dolencias-sexuales-repuntan-galicia/1298612.html

Pontevedra clama xustiza por Sonia Iglesias tras 5 anos de desaparición

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/19/pontevedra-clama-justicia-sonia-iglesias/1298621.html

Libre o coruñés detido en Granada por ofrecer sexualmente a un menor nun chat

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/18/libre-corunes-detenido-ofrecer-menor/1298306.html

Atopan morta en Holanda á desaparecida de Sabadell

http://www.farodevigo.es/espana/2015/08/18/hallan-muerta-holanda-desaparecida-sabadell/1298275.html

As fillas e fillos de mulleres maltratadas, recoñecidos como vítimas

http://www.farodevigo.es/espana/2015/08/18/hijos-maltratadas-reconocidos-victimas/1298376.html

Nesta lei o que se tiña que aprobar é que existindo unha senteza de maltrato estes nenos e nenas non poidan ter a obriga, nin no fin de semana, de estar co seu pai. Qué educación lle vai a dar aos seus fillos/as?. Isto é o que demandamos dende a Rede.


Máis da metade dos homicidos de mulleres son a mans da súa parella ou ex parella

Entre 2003 e 2013, o 53% das mulleres asasinadas cada ano en Epaña foron vítimas mortais por violencia de xénero, segundo datos do INE. Esta estatística oficial non inclúe a vítimas como prostitutas asasinadas por clientes ou mulleres acompañantes doutras mulleres agredidas.

É dicir, que os datos reais son aínda máis elevados.

Podes ler máis en:

http://www.eldiario.es/sociedad/mujeres-asesinadas-Espana-parejas-exparejas_0_419958564.html?utm_source=USUARIOS&utm_campaign=351f084ccf-Adelanto_socios_17_3_2013&utm_medium=email&utm_term=0_32cf759f56-351f084ccf-55760609


Novo Obradoiro: Autoestima e comunicación en Igualdade


Detido en Huesca por tratar de matar á súa esposa e por abusos aos seus fillos

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/18/detenido-huesca-tratar-matar-esposa/1297985.html

A Garda Civil de Barbastro (Huesca) detivo a un home, de 54 anos de idade, como presunto autor de delitos de agresión sexual ás súas fillas menores de idade, de homicidio en grao de tentativa cara á súa muller e de tenencia ilícita de explosivos.

Arrestado nun pobo granadino despois de matar dun machadazo á súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/18/arrestado-pueblo-granadino-despues-matar/1297988.html

A Garda Civil detivo onte a un home de 72 anos de idade en Armilla tras confesar aos axentes que matara á súa esposa, de 68 anos, cuxo cadáver foi atopado polos axentes no domicilio familiar cun machadazo. O suceso ocorreu minutos antes do sete da mañá cando, segundo fontes do corpo de seguridade, o arrestado chamou por teléfono ao cuartel e informou de que matara á súa muller e que tiña intención de suicidarse, aínda que foi detido antes.

Detido un coruñés por tentar prostituír ao seu fillo de 11 anos nun chat

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/17/detenido-corunes-prostituir-hijo-chat/1297756.html

Morre en Brión tras prenderse lume no seu coche e agredir presuntamente á súa esposa

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/16/policia-judicial-coruna-investiga-hombre/1297380.html

Sete asasinos de mulleres, impunes en Galicia

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/16/siete-asesinos-mujeres-impunes-galicia/1297117.html

Comunicado da Rede de mulleres sobre o caso do asesinato de Marina Okarynska e Laura del Hoyo


Ante este novo caso de violencia de xénero, queremos facer unha reflexión acerca dos mecanismos e protocolos aplicados.
Parte desta tráxica historia é coñecida: Marina Okarynska tivo unha relación de parella con Sergio M.G. e o pasado 6 de agosto desapareceu xunto cunha amiga, tras ir buscar os seus obxectos personais que quedaran na casa onde ambos conviviran.  As familias das desaparecidas, segundo fontes de El confidencial, denunciaron desde un primeiro momento que a desaparición era contra a súa vontade, segundo apuntaban todas as circunstancias. Así, ese mesmo xoves 6 agosto pola noite, ambas familias presentaron unha denuncia por desaparición. O xuiz decretou o secreto de sumario despois de que o domingo pola noite se cumplirán 72 horas sen novas das dúas amigas.
Como xa sabemos, Segio M.G. ingresou en prisión en 2008, tras ter secuestrado a súa parella de entón. 
Coñecidas estas informacións, cremos que non era necesario ter esperado 72 horas para a activación do protocolo de persoas desaparecidas; cando hai antecedentes de violencia de xénero, e dadas as circunstancias da desaparición, debería poder aplicarse un protocolo máis rápido e axil, dada a sospeita dun claro caso de violencia de xénero.

Desde a Rede de mulleres sabemos as dificultades coas que contan moitas mulleres para rachar por completo unha relación e o perigo que ás veces corren ao ir buscar os seus obxectos personais á casa do agresor. Como sociedade, debemos reflexionar sobre qué tipo de mecanismos podemos poñer en marcha para protexer ás mulleres que queren iniciar unha nova vida lonxe da violencia de xénero. Hai que avaliar qué cousas podemos mellorar, cómo previr este tipo de situacións e cómo podemos protexer a todas as mulleres que se están separando das súas parellas violentas.

Unha rapaza de 11 anos da a luz embarazada violación en Paraguay

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/13/da-luz-nina-11-anos/1295725.html

A violencia machista non é inevitable: 7 medidas que poden poñerse en marcha



Voces expertas suliñan que o sistema de prevención non funciona e apuntan medidas concretas para combater a violencia de xénero

1. Que non se dependa da denuncia
2. Detectar mellor, facer caso a quen sabe previlo
3. Máis formación a todas as persoas profesionais que interveñen
4. Cambios legais
5. Maior contundencia social na vida diaria
6. Concienciación para homes
7. Que se abran as portas do colexio

http://www.eldiario.es/sociedad/violencia-machista-inevitable-medidas-tomarse_0_419608401.html

789 homes asasinaron as súas parellas ou ex parellas nos últimos 12 anos

Os homes quedan moi ocultos detrás das circunstancias, é unha forma de agochar a incomodidade que supón ser responsables desta situación.

Non se identifica como un problema de identidade masculina, senon que semella que é un asunto de determinados homes, que quizá beben ou perden a cabeza, e non é así. A violencia de xénero non é unha violencia espontánea, senon que nace dos machismos.

http://www.eldiario.es/sociedad/hombres-asesinado-parejas-exparejas-ultimos_0_419608193.html


26 nenos asasinados polo seu pai durante o réxime de visitas

Na última década, o número de menores mortos por violencia de xénero ascende a 44

http://www.elmundo.es/espana/2015/08/02/55bd3087e2704eae318b4597.html

"A dor desa nai é insoportable, usaron ás súas fillas contra ela"

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/03/dolor-madre-insoportable-usaron-hijas/1289536.html



Concentracións, citas deportivas e alfombras florais despiden ás pequenas .Centos de persoas mostran a súa repulsa en toda Galicia

O parricida enviou unha carta á súa exmujer para anunciarlle a morte das nenas

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/08/01/parricida-envio-carta-exmujer-anunciarle-muerte-ninas/0003_201508G1P2991.htm

Ela alertou á Garda Civil ao instante, pero non chegou a tempo de evitar que o asasino degolase ás nenas cunha serra radial para vingarse da que foi a súa esposa

Detido un home tras degolar á súa expareja en Mallorca

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/08/01/detenido-varon-degollar-expareja-mallorca/1288518.html

Un home de 38 anos de idade degolou a pasada madrugada á súa expareja, de 33. Ao parecer, o home, presentouse no domicilio da vítima, armado cun coitelo de grandes dimensións.

España rexeita compensar á nai dunha nena asasinada polo seu pai

http://politica.elpais.com/politica/2015/07/28/actualidad/1438097637_862489.html

O estado español rexeita indemnizar a Ángela Gónzalez, a nai dunha nena de sete anos asasinada polo seu pai durante unha visita sen supervisión. O Ministerio de Xustiza desestimou o recurso extraordinario de revisión. Reafírmase así na decisión que tomou en febreiro pasado, cando respondeu a un comité de Nacións Unidas que "non hai base xurídica" para unha reparación económica.

Un vigués, apresado por golpear á súa parella ao enfadarse por levar caducada a ITV do seu vehículo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/29/vigues-apresado-golpear-pareja-enfadarse/1286531.html

Un home de 25 anos que responde as iniciais J.L.J.G. foi apresado polos axentes da Policía Local de Vigo por un presunto delito de violencia de xénero.

Os axentes recibiron un aviso ao redor das 23:45 horas da pasada noite de varios veciños alertados polos berros. Os membros do corpo local de Policía se personaron na zona da Praza de San Lorenzo, onde presuntamente unha muller estaba a ser agredida pola súa parella

Abren expediente á xuíza de Verín polo feminicidio de Isabel Fuentes

O Consello Xeral do Poder Xudicial determinará no prazo de 6 meses se a titular actuou debidamente

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/abren-expediente-xuiza-verin-polo-feminicidio-isabel-fuentes/20150724111329039407.html

Só 3 de cada 10 mulleres matratadas denuncia ao agresor

Segundo un estudo elaborado pola Delegación do Goberno e presentado este xoves 23 xullo, só 3 de cada 10 mulleres maltratadas denuncia ao seu agresor. Isto debería facernos reflexionar como sociedade, a nivel institucional aínda faltan moitos recursos para asegurar a calidade de vida das mulleres que denuncian. Debemos esixir que os recursos de servizos sociais, xudicias e policiais traballen cun enfoque integral e de xénero... e que toda a sociedade se implique en non culpabilizar ás mulleres, algo que a prensa aínda fai nalgunhas ocasións. O medo pode superarse se se poñen todos os recursos sociais en funcionamento.

Para saber máis:

Nova en telecinco: http://www.telecinco.es/informativos/sociedad/maltrato-denuncias-mujeres-miedo-denuncias_2_2023905107.html

Resumo do Informe: http://www.msssi.gob.es/ssi/violenciaGenero/laDelegacionInforma/pdfs/DGVG_informa_Inhibicion_Denunciar_Victimas_VG_.pdf

Atopan morta con signos de violencia a unha muller desaparecida en Albacete

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2015/07/09/hallado-cadaver-signos-violencia-pertenecer-mujer-desaparecida-albacete/00031436421501238330806.htm

Absolto de prostitución tras non acudir a vítima ao xuízo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/09/absuelto-prostitucion-acudir-victima-juicio/1274774.html

Condea de 23 anos polo crime dunha azafata preto de Barajas

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/09/condena-23-anos-crimen-azafata/1274776.html

Arrestado na Coruña por romper o nariz e dar patadas á súa nai

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/09/arrestado-coruna-romper-nariz-dar/1274777.html

Aparecen os cadáveres dunha parella nunha casa de Arganda

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/09/aparecen-cadaveres-pareja-casa-arganda/1275052.html

Alcalde de Granada: "As mulleres, canto máis espidas, máis elegantes"

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/07/09/alcalde-granada-mujeres-desnudas-elegantes/1274758.html

Denuncian ante a Cámara o silencio de vítimas de violencia machista

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/07/09/denuncian-camara-silencio-victimas-violencia/1274760.html

Un presunto maltratador afronta prisión por agredir á súa esposa

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/07/09/presunto-maltratador-afronta-prision-agredir/1274811.html

Programa de respiro familiar en balnearios "Cuidarelax"

Trátase dun programa da Unión de Pensionistas (UDP) que ten como obxectivos:


- Ofrecer ás familias que teñan persoas maiores en situación de dependencia, espazos de encontro con outras familias que estén na súa mesma situación.

- Ofrecer formación e axuda para afrontar os coidados da persoa maior dependente dunha forma equilibrada, intentando suavizar o impacto a niver familiar e psicolóxico ao que con frecuencia se enfrontan as familias neste tipo de situacións.

- Fomentar o desenvolvemento de condutas de autocoidado persoal entre os coidadores.

- Facilitar a conciliación da vida persoal, social e laboral das familias coidadoras co coidado da persoa maior.

- Conxuga o apoio a coidadores coa asistencia a unhas xornadas de fin de semana nun balneario, onde se xuntan os tratamentos termais, o lecer e a psicoeducación. - - Exténdese a intervención ás parellas ou fillos/as dos coidadores principais de persoas maiores, ao contemplar aspectos desde a transversalidade de xénero para favorecer procesos de igualdade e corresponsabilidade conciliadora no coidado familiar.


Beneficiarios/as


Calquera familia que teña ao seu cargo unha persoa maior en situación de dependencia pode acceder ao programa.


Criterios de selección de participantes


Para a elección das persoas participantes téñense en conta tanto características sociais como psicolóxicas. Pero sobre todo valórase a carga dos coidados desde unha perspectiva de xénero, xunto cos niveis de estrés que os propios coidados causen ás persoas usuarias.


Priorízarase a participación de persoas que realicen coidados considerados de longa duración (mínimo a partir de 1 ano, preferentemente máis de 2) ou con carga no coidado e que estes se realicen de forma continuada.

Co obxectivo de traballar a perspectiva de xénero no ámbito dos coidados, é preferible promover a participación de parellas nas que haxa membros de ámbolos dous sexos, para conseguir unha plena integración dos varóns nas tarefas de coidado.

Cada grupo estará formado por un máximo de 28 persoas (14 parellas). Con carácter excepcional poderá participar aquela coidadora principal que cumplindo o perfil non conte con coidadores de apoio.

Asemade, considérase positiva a participación de persoas da mesma poboación ou poboacións próximas para promover a creación de redes de apoio entre persoas coidadoras.


Custes


O programa está financiado polo IRPF e NON ten custo para as familias participantes. O único gasto que deben asumir é o do desplazamento ata o balneario, que este ano 2015 sera o de Laias en Ourense.


Do mesmo xeito, para garantir os coidados dos familiares durante as estadias no balneario, o programa asume o custo do recurso que as famlias elixan durante a fin de semana, ben ingreso en residencia, desde o venres, que comeza a estancia, até o luns, que remata, ou ben SAF (12 horas en toda a fin de semana, repartidas como as famlias prefiran) ou Centro de Día, nos casos que sexa posible.


Trátase sempre de promover o apoio dos coidados no entorno familiar, a través da rede das persoas que participen.


Estadías e servizos que inclúe


Para este ano 2015 quedan 3 turnos dispoñibles no balneario de Laias (Ourense), nas seguintes datas:


17 a 20 de Xullo.

11 a 14 de Setembro

18 a 21 de Setembro

A estancia máxima no balneario é de 3 noites, entrando o venres pola tarde arredor das 18 horas e saíndo o luns ao mediodía.


Os servizos que inclúe a estancia son:


Aloxamento (3 noites en habitación dobre)

Pensión completa (desde a cea do venres ao xantar do luns, ambas incluidas)

Circuito termal

Outros aspectos


A estancia no Balneario require a participación no módulo de intervención e formación para o autocoidado, desde metodoloxías de dinámica de grupo a técnicas de risoterapia.

Aquelas persoas que non dispoñan de recursos de apoio para o coidado do seu familiar en situación de dependencia poderán solicitar os servizos de residencia, centro de día ou SAD que elixan para poder acudir as xornadas, e estos tamén con cargo ao programa CUIDARELAX.

O abono destes servizos será realizado directamente pola organización á entidade coa que se contrate o servizo requerido.

Solicítaselle a tódalas persoas participantes que asinen un documento de consentimento informado para a realización dunha entrevista previa realizada por un psicólogo/a, así como para cumplimentar unha batería de cuestionarios e escalas en diferentes momentos do proxecto, e que servirán para a determinación do perfil e elaboración posterior do estudo de investigación, incorporado coma un elemento de innovación e desenvolvemento (I+D) ao programa Cuidarelax.

Tamén se solicitará o seu consentimento para a realización e exhibición de material audiovisual que se rexistre durante as xornadas.


Contacto


Tel. 982223379


cuidarelaxgalicia@gmail.com

Un vigués sentará no banco acusado de aforcar ao can da súa expareja

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/07/07/vigues-sentara-banquillo-acusado-ahorcar/1273485.html

Arrestado o exmozo dunha lucense por difundir datos sanitarios dela

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/arrestado-exnovio-lucense-difundir-datos/1273462.html

Un vigués afronta cárcere por encargar que queimasen o coche do mozo da súa expareja

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/vigues-afronta-carcel-encargar-quemasen/1273460.html

Concentracións de repulsa polo crime en Vigo e A Coruña

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/concentraciones-repulsa-crimen-vigo-coruna/1273717.html

A xuíz decreta prisión para o presunto autor do crime do seu expareja e do noivo en Arbo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/07/07/juez-decreta-prision-presunto-autor/1273469.html