a partires deste ano os videofórums convidarán cada mes a unha
persoa ou colectivo para que proxecten unha película/documental que
escollan.
agardo veros e que aproveitedes a oportunidade para debater e
entrar en contacto cos colectivos que están a traballar dende os
feminismos na Galiza.
tamén podedes participar propoñendo a través do correo redemediadorasvigo@hotmail.com unha película
con perspectiva de xénero para proxectar en vindeiras ocasións e así dar
a coñecer os vosos colectivos.
FEBREIRO
MARTES 28 Colectivo
convidado: SOMOS DEGENERANDO
Proxección:
“FÓLLAME” de VIRGINIE DESPENTES
Lugar: CENTRO
DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.
Biblioteca Central (joaquín yáñez, 6 – 2º andar)
+18
Unha
moza dun barrio marxinal é violada e, despois, durante unha discusión,
mata ao seu propio irmán. O seu destino
crúzase co doutra muller, tamén marcada por un violento destino: é unha
prostituta que matou á súa compañeira de piso. As dúas mozas atópanse
por azar na súa fuxida, e deciden aliarse nunha salvaxe viaxe marcada
polo sexo e a violencia. A parella asasina sen
piedade a todos os homes que se cruzan no seu camiño.
"Escribo
dende a fealdade, e para as feas, as vellas, as camioneiras, as
fríxidas, as histéricas, as taradas, todas as excluídas do o gran
mercado da boa moza. E empezo por aquí para
que as cousas queden claras: non me desculpo de nada, nin veño
queixarme..."
MARZO
MARTES 6
Convidada: MINA SHAYAN
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Azad de Teherán e
Estudante do Posgrao de Estudos de Xénero da Universidade de Vigo.
Proxección: «MULLERES
SEN HOMES»
Lugar: CENTRO
DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS.
Biblioteca Central (joaquín yáñez, 6 – 2º andar)
«León
de prata» á mellor dirección en Venecia. As vidas de catro mulleres
crúzanse durante os días do golpe
de estado de 1953 en Irán, e atopan refuxio no xardín dunha casa de
campo. Dese encontro, xorde unha historia de compañeirismo, consolo e
amizade. Neshat retrata o papel da muller na sociedade iraniana daquela
época. Trátase dunha adaptación da novela homónima
da escritora iraniana Shahrnush Parsipur e a película supón o debut na
dirección cinematográfica da artista Shirin Neshat.
XOVES 15
Proxección:
“DIGNA RABIA”
Lugar: Centro Cívico Casco Vello (rúa Oliva, 12)
Hora: 18.00h
A Universidade de Vigo e a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas (Pontevedra)
promoveron, rodado e editado o documental “Digna Rabia”, que recolle o testemuño de máis dunha vintena
de mulleres durante o franquismo.
Este traballo cinematográfico reflicte a represión da postguerra e da ditadura a través do testemuño de
27 mulleres de tres xeracións.
ABRIL
MÉRCORES 25
PROXECCIÓN: “UN
MAR DE MULLERES”
UN PROXECTO DE VALORIZACIÓN DA MULLER NO MAR
Lugar: centro cívico casco vello (rúa Oliva, 12)
Hora: 18:00
Participación:
Grupo de acción Costeira 7, Ría de Vigo - A Guarda.
Rosana Villar, Eva Cordeiro, Rosana Bastón, Elisa Poceiro, Begoña
González, Mª ALicia Álvarez, Cosuelo Diz, Carmen Chamorro, Mercedes
Lema, Ana Belén Rodríguez, Guillermina Sesto, Silvia Domínguez,Carmen
Barbosa e Concepción Ortega.
Sen elas non existiría o mar. Son ás mulleres de hoxe, ás que non se
resisten a agardar sen máis e que, mentres o mariñeiro non regresa,
deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a levar o leme
do futuro.
O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren.
Queren manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en
que os desenvolven, loitar por un medio que siga alimentando a
productividade do mar. Saben que poden e por tanto
reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organización.
Porque poden e o saben.
MAIO
XOVES 10:
Proxección: “EL
CELULOIDE OCULTO”
Colectivo
convidado: “NÓS MESMAS”
Con motivo do 17 de maio día internacional contra a homofobia.
Lugar: Centro
de Documentación e Recursos Feministas.
Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6 – 2º andar)
Hora: 18.00h
102 min.
Documental sobre a homosexualidade no cinema, dirixido polo experto documentalista Rob Epstein (posuidor de 2
Óscar) e Jeffrey Friedman (cineasta, produtor e axudante de montaxe de, entre outras, "Toro Salvaxe").